11 F: ÁNGELES ALVARIÑO, A TERCEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA

 

Xusto na semana do décimo aniversario da botadura dun dos buques oceanográficos máis avanzados da flota española, que tivo lugar o 24 de febreiro de 2012,  investigamos sobre a oceanógrafa pioneira que lle da nome, Ángeles Alvariño.

Buque oceanográfico Ángeles Alvariño


María Ángeles Alvariño González naceu o 3 de outubro de 1916 en Serantes (Ferrol). Con só tres anos lía e estudiaba música. En 1933 rematou o Bachillerato Universitario en Ciencias e Letras e marchou a Madrid para estudiar Ciencias Naturais pero por mor da Guerra Civil pecharon as aulas e Ángeles regresou a Ferrol e aproveitou ese tempo para aprender francés e inglés.

Despois da guerra regresou a Madrid e rematou a carreira no 1941. Traballou algúns anos como profesora de Instituto e máis tarde marchou a Madrid co seu home, que era militar e fora destinado no Instituto Español de Oceanografía (IEO), no que ela tamén se incorporou como bolseira aos 34 anos. Dous anos despois conseguiu unha praza de bióloga no Centro Oceanográfico de Vigo do IEO e empezou a estudiar o zooplancton.

En 1953 gañou unha bolsa de estudios para seguir estudiando estes pequenos organismos no Reino Unido, onde se converteu na primeira muller científica en traballar a bordo dun barco británico de investigación, o Sarsia. Tres anos máis tarde recibiu outra bolsa para continuar coas súas investigacións en Estados Unidos baixo a tutela doutra pioneira, Mary Sears, que foi quen, impresionada coa súa obra, a recomendou para ocupar un posto no Instituto Scripps de Oceanografía, en California, onde permaneceu ata 1970 analizando miles de mostras de plancton de todo o mundo.


Continuou a súa carreira na institución americana NOAA onde estudiou larvas de peixes no plancton. Despois da súa xubilación, en 1987, continuou traballando como científica e escribindo e dando a coñecer a historia das ciencias mariñas en España.

Ángeles describiu 22 novas especies de plancton.


Ademais de pioneira oceanógrafa foi unha loitadora pola igualdade de xénero e en 1977 demandou ao goberno de Jimmy Carter, que prometera políticas a prol da igualdade, por considerar que non se lle facilitaba un ascenso polo feito de ser muller.

En 2011, cumprindo o seu desexo de que o seu legado científico volvese a España, Ángeles Alvariño reuniuse cos responsables da Concellería de Cultura do Concello da Coruña para doar a súa biblioteca científica, formada por un millar de libros, ademais de mapas, debuxos e a correspondencia que mantivo con científicos de todo o mundo.

En 2015, converteuse na primeira investigadora muller homenaxeada o 1 de xuño, data na que se celebra o Día da Ciencia en Galicia.

En 2018 foi incluída na Táboa Periódica das Científicas na que estamos a traballar.


O Paseo da Ciencia do parque de Santa Margarita conta
cun monolito na súa honra

Se queres aprender máis sobre esta pioneira podes ver os seguintes vídeos: 




Tamén podes ler os seguintes artigos:









No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...