Empezamos coas pistas para que poidades investigar e descubrir de qué científica misteriosa estamos a falar nesta primeira semana. Aquí tedes as pistas:
11 F: A TÁBOA PERIÓDICA DAS CIENTÍFICAS
Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia, iniciamos unha nova edición da actividade A CIENTÍFICA MISTERIOSA na nosa Táboa Periódica das científicas seguindo a Táboa creada por Teresa Valdés-Solís Iglesias que, segundo o seu perfil, é:
- Enxeñeira química e Doutora en Tecnoloxías do Medio Ambiente.
- Científica no Instituto Nacional do Carbón (INCAR-CSIC).
- Investigadora e materiais soportados con aplicacións enerxéticas e medioambientais co grupo www.incar.csic.es/porosos
- Divulgadora dos temas que lle interesan (enerxía, muller e ciencia e ciencia para nenos e nenas) en cienciaypresencia.blogspot.com
- Preside a “Asociación de Divulgación Científica de Asturias” @adc_astur.
- Colabora con Naukas @Naukas_com y 11F @11defebreroES
- Autora de La Tabla Periódica de las Científicas #LasElementas.
Nesta táboa Teresa Valdés-Solís recolle a 118 mulleres científicas agrupadas en: Ciencias naturais, matemáticas, químicas, inventoras/enxeñeiras, astrónomas, paleontólogas, bioquímica/bioloxía/medicina, físicas e primatólogas.
Deseño da Táboa Periódica das Científicas realizado por Teresa Valdés-Solís |
Cada semana propoñeremos 4 pistas sobre unha destas científicas para que o alumnado investigue e descubra quen é a científica misteriosa. Ao final da semana publicaremos a identidade da científica e compartirase no blog información sobre a mesma así como enlaces de interese para que o alumnado poida seguir investigando.
Programa Alimentes: visita ao Gadis
O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o supermercado Gadis grazas ao seu programa educativo Alimentes.
Deste xeito tivemos a oportunidade de aprender máis a fondo sobre a alimentación saudable, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.
Día da Paz: Carreira Solidaria "Save the Children"
Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros
de Solidariedade da organización Save the Children. Esta edición facémola coincidir coa celebración do Día da Paz.
Nesta edición os
fondos recaudados serán destinados ao fondo de emerxencias de Save the Children para apoiar ás nenas e nenos vítimas de conflictos.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron recorrendo o circuito nas pistas do cole.
Neste vídeo podedes ver como foi a xornada:
Obradoiro de Capoeira
Hoxe visitounos a Asociación Capoeira Coruña para impartir un obradoiro ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
A actividade forma parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole.
PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS
Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...
-
O alumnado de Primaria agasallou ao de Infantil con fachos feitos por eles para que poidan realizar a actividade da "Ruta do Facho Olím...
-
Un curso mais damos comezo a actividade de A CIENTÍFICA MISTERIOSA a partir da Táboa Periódica das Científicas creada por Teresa Valdés-Solí...
-
Empezamos semana descubrindo as pistas que nos levarán a coñecer máis sobre unha nova científica. E nesta semana que conmemoramos o Día Es...