23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO: BOOKFLIX

Grazas ás propostas do noso alumnado puidemos elaborar un interesante mural baixo o nome de Bookflix no que se recollen recomendacións de lecturas coeducativas. 
Con esta actividade inauguramos tamén a nosa Caixa do correo violeta, un espazo pensado para que o alumnado comparta as súas reflexións, inquedanzas, suxestións, denuncias,.. en temas de igualdade e sobre o que tedes máis información nunha entrada anterior neste blog. 



E para estas lecturas tan interesantes non hai nada mellor que un marcapáxinas que nos invite a vivir cada día unha nova aventura.



23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O noso alumnado de segundo elaborou un libro no que recollen as súas investigacións sobre as científicas misteriosas propostas na actividade da Táboa periódica das científicas iniciada o 11 de febreiro, Día internacional da muller e a nena na ciencia.


Magnífico traballo! Parabéns!


CONTACONTOS POLA IGUALDADE: ÁNGELES ALVARIÑO

 

O alumnado de segundo de Educación Primaria tivo a oportunidade de participar na actividade “Contacontos pola Igualdade” organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade dentro do programa Donas de Si.


Visitáronnos Enrique Mauricio,  autor xunto con Carlos Álvarez Taboada, dos libros da colección Mulleres Galegas publicada por Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para menos e nenas co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artísticas.

De entre os libros de Enrique propostos por Igualdade o noso alumnado escolleu o de Angeles Alvariño, por ser unha das científicas sobre as que xa tiñan investigado na actividade da Científica Misteriosa da Táboa das Científicas.

Tamén nos visitou Tania Solla, artista ilustradora de libros, que nos agasallou cun Obradoiro de ilustración ensinándonos a realizar un retrato.





CAIXA DO CORREO VIOLETA

 Xa está no noso centro a Caixa do Correo Violeta!!!!


Con esta iniciativa queremos estar cerca do noso alumnado e atender de primeira man as súas necesidades e inquedanzas en temas de igualdade. Se queredes saber máis sobre o seu funcionamento lede as respostas ás seguintes preguntas:




Podedes compartir múltiples aspectos:

  •         Propoñer temas que inviten á reflexión e o debate sobre cuestións relacionadas coa igualdade. Podería ser unha situación observada por vós, a letra dunha canción, escenas de películas, anuncios publicitarios, ...
  •          Propoñer lecturas ou libros coeducativos.
  •          Propoñer actividades que vos gustaría que se levasen a cabo no centro: charlas, talleres sobre uso correcto das redes sociais, uso das novas tecnoloxías, ...
  •          E, por suposto, denunciar casos de desigualdade ou incluso violencia de xénero dos que teñades coñecemento.




Por suposto que non. Podes facer suxestións anónimas ou asinalas se así o desexas.





A Caixa do Correo Violeta só será aberta polas Coordinadoras de Igualdade do centro que revisarán e analizarán as vosas propostas.







Proñoñémosvos unha actividade para empezar a usar a nosa Caixa do Correo Violeta: LECTURAS COEDUCATIVAS.

Poderedes facer aos demais compañeiros e compañeiras unha proposta de libros coeducativos escribindo un breve resumo do contido e explicando o motivo polos que o recomendades.

Teredes á vosa disposición nas titorías unhas fichas que vos axudarán na recollida da información. O Equipo de Igualdade revisará a vosa proposta e engadirá a foto da portada do libro recomendado.

Estamos desexando recibir as vosas propostas e mentres tanto preparamos un mural para expoñelas todas. 

Animádevos a participar nesta iniciativa!!!


PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...