Autor: Javier Alonso López.
Editorial: Shackleton Books Editorial.
Fonte: https://shackletonbooks.com/kids/50-frida-kahlo.html |
Autor: Javier Alonso López.
Editorial: Shackleton Books Editorial.
Fonte: https://shackletonbooks.com/kids/50-frida-kahlo.html |
Trátase do segundo título dunha colección de contos coa que nenas e nenos descubrirán quen eran e qué lograron as grandes mulleres da historia contemporánea. Deseñadoras, pintoras, aventureras, científicas... Mulleres únicas e maravillosas das que aprender e coas que identificarse. Mulleres que, como Frida, converteron un pequeno sono nunha gran historia.
A súa autora é María Isabel Sánchez Vegara e o ilustrador Gee Fan Eng, de Alba Editorial.
Idioma: castelán.
Autores: Gianni Palitta e Stefano Roffo
Editorial: Tikal
Idioma: Castellano
Idade: Adultos
Este libro estaría clasificado para lectura na idade
adulta pero no centro serviunos como fonte de información para o
desenvolvemento do proxecto.
Ofrece un percorrido pola obra das artistas, en gran
parte esquecidas. Dende Calipso ás grandes artistas de performances (Marina
Abramovic, Ana Mendieta, Takako Saito ou Vanessa Beecroft) pasando por
Sodfonisba Anguissola ou Maruja Mallo.
Fonte das imaxes: www.editorialsusaeta.com |
Título: Mujeres en el Arte. 50 intrépidas creadoras que inspiraron al mundo.
Escritora e
ilustradora: Rachel Ignotofsky.
Editorial: Nórdica
Libros, Capitán Swing.
Neste libro a autora,
a ilustradora norteamericana Rachel Ignotosfsky, ofrece unha selección de 50 creadoras
de diferentes ámbitos e non só pintoras. Así, por exemplo, introduce a
ilustradoras como Beatrix Potter, arquitectas como Zaha Hadid, compositoras
como Wendy Carlos, diseñadoras gráficas como Paula Scher, deseñadoras como
Belle Kogan, artistas textiles como Harriet Powers, ceramistas como Nampeyo ou
fotógrafas e cineastas.
Entre a selección de
pintoras destacan Tarsilia do Amaral, Rosa Bonheur, Frida Kahlo, Georgia O’Keefe
ou Tamara de Lempicka.
Obviamente, nesta selección inflúe o feito de que o libro estea realizado dende Estados Unidos polo que, entre outros aspectos, recolle un maior número de artistas estadounidenses e latinoamericanas. E, polo tanto nel botaremos en falta artistas como Maruja Mallo, Luisa Roldán, Carmen Laffon, Rosario Weiss,...
Se embargo esta
perspectiva norteamericana tamén nos aporta o punto de vista das mulleres pertencentes
a determinadas comunidades que tiveron
que enfrontarse a unha dobre marxinación: ser muller e pertencer a comunidades
como as indíxenas, afroamericana, etc. Así recolle a artistas como Nampeyo,
nativa americana que recuperou a cerámica tradicional dos indios hopi, ou as
afroamericas Harriet Powers ou Augusta Savage, que gañou unha bolsa para estudar
arte en París en 1923 e que lle foi denegada cando viron a cor da súa pel.
Neste libro cada artista se representa a dobre páxina. Á dereita un texto compila unha breve biografía vital e artística da creadora. Á esquerda Rachel Ignotofsky debuxa á artista rodeada das súas principais creacións. Tamén hai un marco no que se apuntan algúns dos feitos principais da vida das artistas, xunto con mencións de súas obras máis emblemáticas.
Inclúe tamén Inclúe datos estatísticos importantes e unha liña do tempo.
A autora, Rachel Ignotofsky, tamén é a creadora doutros dos libros: Mujeres de ciencia e Mujeres en el deporte.
Fonte: Editorial Nórdica.
Editorial:
Idioma: Galego
Editorial: Belagua
Este libro ofrece un percorrido pola biografía de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais: fotógrafas, pintoras e escultoras (nacidas entre o final do século XIX e a metade do século XX), que se internaron no eido das artes coa forza do seu talento e o seu espírito de liberdade.
O libro estruturase
cunha ilustración co retrato da pintora na páxina da esquerda e a súa biografía
na páxina da dereita.
Segundo a súa autora,
as mulleres viviron durante séculos silenciadas e ignoradas no mundo da arte.
Ata finais do século XIX as mulleres artistas só foron aceptadas como artesas,
un status social afastado do recoñecemento público, do prestixio e da Academia,
á que non accederon ata case principios do século XX. Tratábase de fillas ou
irmás de pintores e escultores, que aprendían con eles nos talleres familiares.
Só se pertencían ás clases máis
adiñeiradas, as mulleres con inquietudes artísticas tiñan como mestres a
artistas varóns consagrados e chegaron a ter éxito como damas da Corte con
recoñecemento internacional. De calquera xeito, a dependencia dos homes por
parte das mulleres artistas era absoluta.
En España, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando
fúndase o 12 de abril de 1752 con sede na Casa da Panadería da Praza Maior de
Madrid, e trasládase no ano 1773 á rúa Alcalá, onde permanece. O cambio de
localización foi debido á falta de espazo ante a numerosa incorporación de
alumnado cada ano. Entre eles, ningunha muller. Como en todos os campos do
saber, daquela as mulleres non podían acceder a eles como alumnas nin ocupar
postos de relevancia. No caso da formación artística, éranlles impedidos determinado
tipo de estudos, como a copia ao natural.
O seu futuro artístico era practicamente inexistente. E, porén, moitas foron as mulleres que se abriron paso no eido das artes, coa forza do seu talento e o seu espírito de liberdade.
Con motivo da conmemoración hoxe do Día do Libro e do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 maio, a partir de hoxe publicaremos recomendacións de lecturas relacionadas co noso proxecto ou coa temática de igualdade e que forman parte da bibliografía que estamos a usar na posta en práctica do proxecto Mulleres que abren camiño nas artes.
Feliz día do Libro 2023!!!!
Xa está publicada as pistas que nos levará a descubrir que científica misteriosa se agocha esta semana na actividade da Táboa Periódica das Científicas:
Rosa María Menéndez López naceu en Cudillero, Asturias, o 12 de febreiro de 1956. É científica e a primeira muller que presidiu o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), cargo que desempeñou dende novembro de 2017 ata xuño de 2022.
Nun principio Rosa María Menéndez
pensaba dedicarse á docencia pero despois de licenciarse en Química orgánica na
Universidade de Oviedo en 1980 e de doutorarse en 1986, empezou a traballar no
CSIC, en el Instituto Nacional del Carbón de Oviedo. En maio de 2003 accedeu á
escala de Profesores de Investigación do Consejo Superior de Investigaciones
Científicas.
O seu traballo como investigadora está
relacionado cos materiais e a enerxía, ocupándose da optimización dos procesos
de conversión do carbón e revalorización dos seus derivados, iniciando unha
liña de investigación sobre o grafeno e a súa utilización en varias aplicación,
como o almacenamento de enerxía e os reactores nucleares de fusión, e tamén no
campo da biomedicina
Entre 2003 e 2008 dirixiu o Instituto
Nacional do Carbón (INCAR), e entre maio de 2008 e febreiro de 2009 ocupou o
cargo de Vicepresidenta de Investigación Científica e Técnica do CSIC.
O 17 de novembro de 2017, a proposta
do Ministerio de Economía y Competitividad, o goberno español aprobou o nomeamento
de Rosa María Menéndez como presidenta do Consejo Superior de Investigacións
Científicas (CSIC), converténdose na primeira muller que preside o maior
organismo público de investigación de España, que conta con 13.000
investigadores, dos que só un 35% son mulleres. Cesou en xuño de 2022, sendo substituída
por outra muller, María Eloísa del Pino Matute.
É unha das persoas promotoras da Fundación Margarita Salas, para a defensa e promoción do papel da muller na ciencia.
Para saber máis podes ver os seguintes vídeos:
- Explícamelo como si fuese un niño: Rosa Menéndez:
Naceu en
Alicante en 1965. É unha bióloga molecular que dirixe en España o Centro
Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) dende o 22 de xuño de 2011.
Licenciouse en
Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Valencia e obtivo o doutorado en 1993
en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid baixo a
dirección de Margarita Salas Falgueras.
Dende 1993 a 1997
traballou como investigadora postoutoral no laboratorio da doutora Carol
Greider no Cold Spring Harbor Laboratoy de New York.
En 1997
empezou a traballar como xefa de grupo e científica do Centro Superior de
Investigacións Científicas (CSIC) no Departamento de Inmunoloxía e Oncoloxía.
En 2003
incorporouse ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) nese
momento baixo a dirección do doutor Mariano Barbacid.
Dende 2011 é a
directora do CNIP, unha institución na que case cincocentas persoas traballan
na investigación do tratamento do cáncer.
-
2022 Doutora Honoris Causa por
cuarta vez.
-
2021 Premio Mujeres Progresistas de
Retiro en su IV edición.
-
2019 Premio Optimista Comprometida
coa Ciencia
-
2018 Foi incluída na Táboa Periódia
das Científicas
-
2017 Distinción da Generalitat
Valenciana ao Mérito Científico.
-
2016 Premio Mujeres a Seguir, en la
categoría Premio Especial a la Excelencia a la divulgación científica.
- 2014, Seleccionada para a primeira “Selección Española da Ciencia”, composta por trece científicos españoles destacados a escala internacional, pola revista Quo, en colaboración co Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Consejo Superior de Deportes.
No seguinte vídeo poderás ver a María Antonia Blasco falando da súa vocación e animando ás nenas a seguir a súa vocación:
Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...