11 F: ANTONIA FERRÍN MOREIRAS, A CIENTÍFICA MISTERIOSA DA SEGUNDA SEMANA.

 


Antonia Ferrín Moreiras nace en Ourense o 13 de maio de 1914. Foi unha matemática, profesora e a primeira astrónoma galega.


Antes da Guerra Civil, obtivo as licenciaturas de Química e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, o título de Maestra Nacional e estudou dos cursos de Ciencias Exactas, que era o nome que se lle daba naquel momento á carreira de Matemáticas. Acabou os estudos de matemáticas despois da guerra na Universidade Central de Madrid (agora a Complutense).

Converteuse en 1957 na primeira muller profesora da Facultade de Matemáticas en Santiago e en 1963 na primeira muller española en defender unha tese sobre astronomía, sendo tamén a primeira tese defendida na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago: “Observaciones de pasos por dos verticales”.

A súa contribución á astronomía céntrase en traballo sobre ocultacións estelares pola lúa, medidas de estrelas dobres e medidas astrométricas, así como a determinación de pasos por dúas verticais, unha investigacións que realizou mentres traballaba no Observatorio de Santiago.

Unha aula da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome.

A universidade de Vigo creou un premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero na súa honra.

Antonia Ferrín falece en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2009.

 

Podes usar os enlaces da bibliografía para descubrir máis información sobre Antonia Ferrín:

Wikipedia

GCiencia, o portal da ciencia galega: AntoniaFerrín Moreiras, a primeira astrónoma galega.

Consello da Cultura Galega: Antonia Ferrín, a contadora de estrelas.

Mujeres con ciencia. Antonia Ferrín Moreiras:simplemente, una científica indescriptible.

Mujeres notables: Biografía de Antonia Ferrín.

ABC Ciencia: Antonia Ferrín, la gallegapionera en astronomía que no podía llevar pantalones.


Tamén podes ver os vídeos:

 Antonia Ferrín Moreiras entrevistada por Matilde Ríos Fachal.

No xardín nocturno de Antonia. Videopoema inspirado na astrónoma galega Antonia Ferrín.

 11 F: CIENTÍFICA MISTERIOSA DA SEGUNDA SEMANA

Xa temos aquí as pistas sobre a científica misteriosa da segunda semana. 











11 F: PARTICIPANTES NA PRIMEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA

 


Xa temos o listado de participantes na busca da primeira científica misteriosa da nosa táboa. Temos grandes investigadores que descubriron sen dificultade de que paleontóloga se trataba: Mary Anning. 

Grazas a esta actividade potenciamos a figura desta pioneira  a quen a ciencia da súa época non lle deu o lugar que lle correspondía. 



Educación Infantil:

- 5º A

. 5º B

- 6º A

- 6º B



Educación Primaria:

- 1º C

- 2º A

- 2º B

- 2º C: Equipos Estrela, Fantasía, Lego Dino, VIP e Coelliños.

- 3º A

- 3º B

- 4º A

- 4º B: Iria, Yanira, Juan, Marina, Ahinara

- 4º C

Parabéns ás/aos participantes!!!!!!!


11 F: MARY ANNING, A NOSA CIENTÍFICA MISTERIOSA DO 3 DE FEBREIRO.


Naceu  en Lyme Regis (Reino Unido) o 21 de maio de 1799.

Foi una paleontóloga, coleccionista e comerciante de fósiles coñecida en todo o mundo polos numerosos achados importantes que realizou en Lyme Regis. O seu traballo contribuíu a que se deran cambios fundamentais a principios do século XIX na maneira de entender a vida prehistórica e a historia da Terra.

Entre os seus achados destacan: o primeiro esqueleto de ictiosauro completo con tan só 11 anos, os dous primeiros esqueletos de plesiosauros en ser atopados, o primeiro esqueleto de pterosaurio atopado fora de Alemaña e algúns fósiles de peixes importantes.

Sen embargo, polo feito de ser muller e de clase social Baixa, Mary Anning non foi aceptada pola comunidade científica británica de principios do século XIX.

Mary Anning abriu unha tenda na que vendía os fósiles que atopaba nos acantilados que chegou a ser moi importante e espertar a interese doutros paleontólogos, que compraban os seus fósiles e debuxos para despois publicalos como seus.


Se queredes investigar máis sobre Mary Anning podedes seguir os seguintes enlaces:

Vídeos:


         

Lecturas: 

4ª etapa do Camiño: Portomarín - Palas de Rei

Rematou xaneiro e xa temos a 3ª etapa selada na credencial de cada alumno/a.

Neste mes de febreiro imos a pola 4ª etapa do Camiño.

Esta etapa vai de Portomarín ata Palas de Rei, cun total de 25 km.

 Bo Camiño!!




PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...