11 F: MARY ANNING, A NOSA CIENTÍFICA MISTERIOSA DO 3 DE FEBREIRO.


Naceu  en Lyme Regis (Reino Unido) o 21 de maio de 1799.

Foi una paleontóloga, coleccionista e comerciante de fósiles coñecida en todo o mundo polos numerosos achados importantes que realizou en Lyme Regis. O seu traballo contribuíu a que se deran cambios fundamentais a principios do século XIX na maneira de entender a vida prehistórica e a historia da Terra.

Entre os seus achados destacan: o primeiro esqueleto de ictiosauro completo con tan só 11 anos, os dous primeiros esqueletos de plesiosauros en ser atopados, o primeiro esqueleto de pterosaurio atopado fora de Alemaña e algúns fósiles de peixes importantes.

Sen embargo, polo feito de ser muller e de clase social Baixa, Mary Anning non foi aceptada pola comunidade científica británica de principios do século XIX.

Mary Anning abriu unha tenda na que vendía os fósiles que atopaba nos acantilados que chegou a ser moi importante e espertar a interese doutros paleontólogos, que compraban os seus fósiles e debuxos para despois publicalos como seus.


Se queredes investigar máis sobre Mary Anning podedes seguir os seguintes enlaces:

Vídeos:


         

Lecturas: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA

 Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do bar...