A mestra Lara preparou este vídeo resumo das actividades feitas na semana dos Primeiros Auxilios.
Primeiros Auxilios: obradoiro de Protección Civil
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou dun obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña.
Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.
Moitas grazas a Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.
Primeiros Auxilios: visita de enfermeiras
Este luns o alumnado de 2º de Primaria participou nun obradorio sobre Primeiros Auxilios que impartiron dúas nais do noso cole que son enfermeiras.
Moitas grazas pola vosa visita!
Primeiros Auxilios: canción de reanimación
Xa temos preparada a presentación coa canción para cantar esta semana.
Semana dos Primeiros Auxilios
Esta semana faremos nas aulas varias actividades para que o alumnado coñeza os Primeiros Auxilios e a súa importancia.
Desde Infantil ata 6º de Primaria, as nenas e nenos coñecerán as técnicas básicas sobre os Primeiros Auxilios.
Xornadas de balonmán
Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.
11 F: TERCEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA
Xa está publicada as pistas que nos levará a descubrir que científica misteriosa se agocha esta semana na actividade da Táboa Periódica das Científicas:
11 F: PARTICIPANTES NA PRIMEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA
Parabéns a todos os grupos participantes que descubristes que a científica que se agochaba tras as catro pistas era María Martinón.
Esgrima co club 100tolos
Esta semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria está coñecendo a esgrima grazas ao club 100tolos.
Aprenden a técnica da modalidade e tamén practican os combates de esgrima.
11F: MARÍA MARTINÓN TORRES, CIENTÍFICA MISTERIOSA DA PRIMEIRA SEMANA
Nesta primeira semana de actividade a científica que se agochaba tras as pistas era a galega MARÍA MARTINÓN TORRES.
Xa no curso pasado adicamos un dos nosos albergues do Camiño de Santiago a María Martinón. Podedes ler a información compartida no noso blog no seguinte enlace:
María Martinón no blog de CEIP María Pita
PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS
Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...
-
O alumnado de Primaria agasallou ao de Infantil con fachos feitos por eles para que poidan realizar a actividade da "Ruta do Facho Olím...
-
Un curso mais damos comezo a actividade de A CIENTÍFICA MISTERIOSA a partir da Táboa Periódica das Científicas creada por Teresa Valdés-Solí...
-
Empezamos semana descubrindo as pistas que nos levarán a coñecer máis sobre unha nova científica. E nesta semana que conmemoramos o Día Es...