Empezamos semana descubrindo as pistas que nos levarán a coñecer máis sobre unha nova científica.
E nesta semana que conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia non hai nada mellor que unha científica que teña gañado un Premio Nobel da Paz.
Empezamos semana descubrindo as pistas que nos levarán a coñecer máis sobre unha nova científica.
E nesta semana que conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia non hai nada mellor que unha científica que teña gañado un Premio Nobel da Paz.
A científica misteriosa da primeira semana era DIAN FOSSEY.
Esta zoóloga estadounidense naceu o 16 de
xaneiro de 1932 en San Francisco (Estados Unidos) e foi recoñecida
pola súa labor científica e conservacionista dos gorilas das montañas Virunga,
en Ruanda e a República Democrática do Congo.
Dian Fossey, Jane Goodall
e Biruté Galdikas son consideradas as primeiras primatólogas do mundo: Dian
Fossey investigando aos gorilas, Jane Goodall aos chimpancés e Biruté Galdikas
aos orangutáns.
Estudiou Terapia
Ocupacional e traballou varios anos nun hospital de Kentucky. En 1963 decide
marchar a África para observar e estudiar ao gorilas das montañas no seu
hábitat natural dándolle gran importancia e este estudio para despois poder
comprender mellor a evolución humana.
Grazas á súa paciencia
conseguiu comprender e imitar o
comportamento dos gorilas, foi aceptada en varios grupos, recoñeceu as
características de cada un chegando a ter con eles unha relación de confianza e
afecto.
En 1967 fundou o Centro
de Investigación de Karisoke, o seu lugar de estudio. En 1974 recibiu o grado
de doutora en Zooloxía pola Universidade de Cambridge.
En 1983 publicou o libro
Gorilas en la niebla, onde expón as súas observación e a súa relación cos
gorilas en todos os seus anos de investigación.
Foi asasinada en 1985 e sospeitase que por cazadores furtivos xa que ela se opuxo á este tipo de caza.
Se queredes saber un pouquiño máis podes buscar na biblioteca do centro libros sobre esta científica:
Un curso mais damos comezo a actividade de A CIENTÍFICA MISTERIOSA a partir da Táboa Periódica das Científicas creada por Teresa Valdés-Solís Iglesias, da que xa falamos nunha entrada anterior.
Cada semana propoñeremos 4 pistas sobre unha destas científicas para que o alumnado investigue e descubra quen é a científica misteriosa. Ao final da semana publicaremos a identidade da científica e compartirase no blog información sobre a mesma así como enlaces de interese para que o alumnado poida seguir investigando.
Por outro lado ofrecer referentes que co seu traballo, achados ou aportacións fomenten a vocación científica das nosas nenas, esas ás que aínda a día de hoxe se lles fai crer que a ciencia é cousa de homes o que se traduce na baixa presenza de mulleres nas carreiras universitarias do ámbito STEAM.
Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...