11 F: A CIENTÍFICA MISTERIOSA

Un curso mais damos comezo a actividade de A CIENTÍFICA MISTERIOSA a partir da Táboa Periódica das Científicas creada por Teresa Valdés-Solís Iglesias, da que xa falamos nunha entrada anterior.



Cada semana propoñeremos 4 pistas sobre unha destas científicas para que o alumnado investigue e descubra quen é a científica misteriosa. Ao final da semana publicaremos a identidade da científica e compartirase no blog información sobre a mesma así como enlaces de interese para que o alumnado poida seguir investigando. 


Con esta actividade conmemoramos o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con dous obxectivos primordiais. Por un lado dar visibilidade ao traballo destas científicas que en ocasións se viron apartadas ou relegadas polo simple feito de ser mulleres e que aínda a día de hoxe seguen sen ocupar o posto que lles corresponde. Por exemplo, a aparición de mulleres científicas nos libros de texto é mínima fronte a aparición de científicos homes. 

Por outro lado ofrecer referentes que co seu traballo, achados ou aportacións fomenten a vocación científica das nosas nenas, esas ás que aínda a día de hoxe se lles fai crer que a ciencia é cousa de homes o que se traduce na baixa presenza de mulleres nas carreiras universitarias do ámbito STEAM. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...