Visita de Iago Dosil

   Hoxe tivemos unha visita moi especial. O corcubionés Iago Dosil veu contarnos a súa aventura no Camiño dos Faros. Iago fixo as 8 etapas do Camiño (200 km) sen parar, en 41 horas e 30 minutos.

  O alumnado quedou impresionada coa charla que nos ofreceu Iago.



Búsqueda das normas do Camiño dos Faros

   Traballamos as normas do Camiño dos Faros realizando unha búsqueda polo circuito do Camiño.

   O alumnado tiña que buscar as pistas e presentarllas aos seus compañeiros/as.



Normas para facer o Camiño dos Faros

   O alumnado de 4º de Primaria preparou unhas normas a ter en conta para facer o Camiño dos Faros.

  Xa están expostas no mural do Proxecto:




Exhibición de baile de peóns

   Onte tivemos a visita de Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición para o alumnado do cole. 

  Despois o alumnado intentou bailar os seus peóns nas pistas.

  Deste xeito celebramos o Día do Peón.

  Estas son as imaxes da xornada:


 

Traski en 3ºC

   Traski ademais de guiar no Camiño dos Faros ao noso alumnado, tamén o acompaña dentro das aulas.

   En 3ºC crearon o seu marcapáxinas da biblio con Traski.




Camiño dos Faros: 1ª etapa

   No mes de outubro estamos facendo a 1ª etapa entre Malpica de Bergantiños e a 

 praia de Niñóns (21,9 km).

  Todo o alumnado participa na actividade do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

 



Quen é Traski?


“Traski é ese pequeno ser , ese trasno que está aí aínda que non o vexas, que te está acompañando en todo momento e forma parte de toda esta aventura. Todos imos detrás de Traski e con el aprendemos a historia e as paisaxes destes casi 200 kilómetros. Traski sempre está aí…”


 

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...