11 F: JOSEFINA CASTELLVÍ



A científica misteriosa desta semana era Josefina Castellví Piulachs, oceanógrafa, bióloga e escritora española nacida en Barcelona o 1 de xullo de 1935. Estudiou no Instituto Montserrat e, aínda que empezara estudios de medicina, licenciouse en 1957 en Bioloxía na Universidade de Barcelona. En 1960 especializouse en oceanografía na universidade internacional de La Sorbona de París, Francia, e obtivo o seu doutoramento en ciencias biolóxicas pola Universidade de Barcelona en 1969.


Dende 1960 traballou no Instituto de Ciencias del Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas, organismo do que chegou a ser directora en 1994 e 1995, primeiro facendo experimentos no laboratorio xa que naquel momento España non dispoñía de buques oceanográficos. O primeiro buque chegaría no 1971 polo que a partir de aí Josefina Castellví puido facer o seu traballo dende o mar.

En 1984 converteuse na primeira muller de España en participar nunha expedición internacional na Antártida.

Agustí Julià, Joan Rovira, Pepita Castellví y Antoni Soler, los cuatro científicos españoles pioneros en la Antártida.

En 1987 interveu na instalación da Base Antártica Española Juan Carlos I na Illa Livingston da que tamén foi directora entre os anos 1989 e 1993, o cal permitiu que España entrara a formar parte por primeira vez como membro do Tratado Antártico (1988). Nesta base Josefina vivía xunto con outras 11 persoas durante catro meses ao ano.


En 1995 regresou a Barcelona onde compaxinou a súa labor científica e investigadora con conferencias para divulgala e a escritura de libros entre os que destaca o titulado “Yo he vivido en la Antártida” publicado en 1996.

Entre outros recoñecementos e premios que se lle concederon destaca a Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona que recibiu en 1994 e  a Cruz de San Jorge, unha distinción anual que outorga a Generalitat de Cataluña, que recibiu no ano 2003.


Actualmente España conta cunha segunda base na Antártida, a Base Gabriel de Castilla, fundada en 1989 na Illa Decepción. Dende 1991 conta ademais co Buque Oceanográfico de Investigación Hespéria, BIO Hespéria, que é o encargado apoiar ás dúas bases, ademais das súas labores como Buque de Investigación oceanográfica.

 Aquí deixamos algúns enlaces de interese para que sigas investigando sobre Josefina Castellví e as investigacións na Antártida:

Vídeo sobre Josefina Castellví publicado na web https://oceanicas.ieo.es

 

Trailer dp documental Josefina Castellví, los recuerdos del hielo, no que tamén poderemos ver a Antoni Ballester, científico do programa de investigación na Antártida co que traballou Josefina Castellví e que tamén contribuíu á instalación da Base Juan Carlos I na Antártida.


Coñece a Base Juan Carlos I


Coñece a Base Gabriel de Castilla (segunda base española en la Antártida) na Illa Decepción:


Buque de Investigación Oceanográfica Hespérides:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...