11 F: WANGARI MAATHAI

 
A nosa terceira científica misteriosa era Wangari Muta Maathai, coñecida como a Muller árbore, bióloga, política e ecoloxista kenyana nacida o 1 de abril de 1940 en Nyeri en que faleceu o 25 de setembro de 2011 en Nairobi.

Traballou para unir a ecoloxía e o desenvolvemento sostible coa democracia. Ademais da súa labor de conservación, Maathai promoveu o empoderamento da muller e foi unha defensora dos dereitos humanos das mulleres.
Cando Wangari naceu as mulleres da etnia kikuyo dedicábanse ao traballo no campo dende pequenas pero ela destacou nos seus estudos e obtivo unha bolsa para estudar en Estados Unidos. Alí licenciouse en Bioloxía. Tamén estudiou nas universidades de Giessen e Munich en Alemaña. En 1970 regresa a Kenya e alí obten o doutoramento en Anatomía Veterinaria na Universidade de Nairobi, converténdose la primeira muller en conseguir dito título en África. En 1975 é xefa do departamento de Anatomía Veterinaria e profesora asociada na Universidade de Nairobi.


En 1977, preocupada pola deforestación de Kenya, crea o Green Belt Movement (Movemento Cinturón Verde) baseándose na súa idea de que o ecoloxismo era unha opción axeitada para lograr un desenvolvemento sustentable. En 1986 fundou a Red Panafricana del Cinturón Verde co obxectivo de educar a líderes de diferentes países en materia de conservación e mellora do medio ambiente e poder replicar a súa iniciativa en países como Tanzania, Etiopía e Zimbabwe.

 


O seu proxecto contou especialmente co voluntariado das mulleres que chegaron a plantar 47 millóns de árbores polo que o movemento non só defendía a biodiversidade senón tamén a conservación dos solos, a igualdade de xénero e os dereitos das poboacións rurais contra as actividades mineiras e industriais.

Wangari Maathai enfrontándose á seguridade Karura-Forest

En 2002 foi elixida membro do Parlamento de Kenya no que exerceu como axudante do ministro de Medio Ambiente e Recursos Naturais durante o goberno do presidente Mwai Kibaki entre xaneiro de 2003 e novembro de 2006.
 

O 4 de outubro de 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz “pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz” converténdose na primeira muller africana en obter dito premio. 


Se queres saber máis sobre esta gran muller podes consultar os seguintes libros: 

 

 

E tamén ver os seguintes videos: 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...