17 DE MAIO: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO E AS ARTES
No ano 1995 Francisco Fernández del Riego, ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, cedeu os seus fondos bibliográficos documentais e artísticos á cidade de Vigo. Este legado exponse na Casa Museo Francisco Fernández del Riego en Vigo. A colección, ademais de documentos e fotos, recolle a súa colección pictórica, e pon de manifesto a súa implicación coa arte galega e cos/coas artistas aos que defendeu e promocionou.
Na colección recóllense 79 obras de Mario F. Granell,
Laxeiro, Luis Seoane, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Colmeiro, Lugrís, Din
Matamoro e Ángel Sevillano entre outros. Tamén conta con obras de escultores
como Failde Gago e Elena Colmeiro.
Entre as
obras atopamos as de tres mulleres artistas: as pintoras Julia Minguillón e
Mercedes Ruibal e a escultora Elena Colmeiro.
Julia
Minguillón (da que xa temos outra entrada no blog) naceu en Lourenzá o 17 de
xullo de 1906. Francisco Fernández del Riego nace tamén en Lourenzá o 7 de
xaneiro de 1913. Ambos coincidiron en Vigo na década dos anos 50.
En Vigo
Julia retratou a gran parte da burguesía da cidade, incluíndo a Francisco
Fernández del Riego.
Retrato de Francisco Fernández del Riego pintado por Julia Minguillón |
Julia Minguillón foi comparada en moitas ocasión con Maruja Mallo: dúas grandes artistas, as dúas de Lugo, as dúas bolseiras de Lugo, que desenvolveron estudos na Escuela de Arte de San Fernando,… pero cunha forma de ver a arte moi diferente: Maruja Mallo era innovadora e Julia Minguillón buscaba a perfección entre o clasicismo e o neocubismo.
Durante
o tempo que viviu en Vigo Julia non frecuentou os ambientes artísticos nos que
relacionarse con outros artistas.
Ademáis
de retrato de Francisco Fernández del Riego, en Vigo poderemos contemplar a
obra “Sueño” (1945) que tamén pertence á colección de fondos de Francisco
Fernández del Riego.
VISITA AO CIFP ANXEL CASAL
O pasado 11 de febreiro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, entregáronse en Castellón os premios Alianza STEAM polo talento femenino, Nenas en pé de Ciencia, convocados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O noso centro obtivo un terceiro premio na
modalidade de Centros de Educación Infantil e Primaria.
O CIFP Anxel Casal da Coruña obtivo un segundo
premio na modalidade de Centros Integrados de Formación Profesional.
No mesmo acto de entrega o noso equipo e o equipo do
CIFP acordaron levar a cabo algunha iniciativa de colaboración entre ambos
centros.
O CIFP Anxel Casal organizou o día 11 de maio esta xornada na que
explicou ao noso alumnado as liñas de estudio que se desenvolven no seu
centro, así como as instalacións (laboratorios,...), metodoloxía de traballo,
etc.
Deixamos aquí unha pequena presentación sobre a preparación da visita e as actividades alí desenvolvidas.
Grazas á Comunidade Educativo do CIFP Anxel Casal pola súa acollida.
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Levamos un tempiño argallando unha presentación dos traballos feitos para a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Traballamos a figura de Frida Kahlo que se está a converter nun icono feminista con frases cargadas de mensaxes de apoderamento.
Nesa semana a nosa música foi o tema "Tejiendo alas" de Malú, que tanto encaixaba coa labor que día a día está facendo o alumnado: deixar medrar as súas ás sen permitir que ningén llas corte.
PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS
Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...
-
O alumnado de Primaria agasallou ao de Infantil con fachos feitos por eles para que poidan realizar a actividade da "Ruta do Facho Olím...
-
Un curso mais damos comezo a actividade de A CIENTÍFICA MISTERIOSA a partir da Táboa Periódica das Científicas creada por Teresa Valdés-Solí...
-
Empezamos semana descubrindo as pistas que nos levarán a coñecer máis sobre unha nova científica. E nesta semana que conmemoramos o Día Es...