O pasado 11 de febreiro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, entregáronse en Castellón os premios Alianza STEAM polo talento femenino, Nenas en pé de Ciencia, convocados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O noso centro obtivo un terceiro premio na
modalidade de Centros de Educación Infantil e Primaria.
O CIFP Anxel Casal da Coruña obtivo un segundo
premio na modalidade de Centros Integrados de Formación Profesional.
No mesmo acto de entrega o noso equipo e o equipo do
CIFP acordaron levar a cabo algunha iniciativa de colaboración entre ambos
centros.
O CIFP Anxel Casal organizou o día 11 de maio esta xornada na que
explicou ao noso alumnado as liñas de estudio que se desenvolven no seu
centro, así como as instalacións (laboratorios,...), metodoloxía de traballo,
etc.
Deixamos aquí unha pequena presentación sobre a preparación da visita e as actividades alí desenvolvidas.
Grazas á Comunidade Educativo do CIFP Anxel Casal pola súa acollida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario