MÁIS RÁPIDAS, MÁIS ALTAS, MÁIS FORTES

 O semana pasada o noso alumnado de quinto tivo a oportunidade de participar no programa “Máis rápidas, máis altas, máis fortes” posto en marcha conxuntamente polas concellerías de Educación e de Deportes do concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes disciplinas deportivas que se desenvolven na cidade, a través de charlas informativas, impartidas por expertas mulleres deportistas, e dunha parte práctica.

   

Tivemos a sorte de que o programa arrincase no noso centro. As deportistas convidadas para compartir tempo, deporte e reflexións co alumnado foron Margot Garnelo e Paula Iglesias, dúas atletas do club Riazor Atletismo. Con elas o alumnado de 5º de Educación Primaria probou a marcha atlética e tamén o lanzamento de xavelina.

A concelleira Mónica Martínez acudiu a este arranque do programa. 

  


O lema do programa espertou curiosidade no noso alumnado, “Máis rápidas, máis altas, máis fortes”. CITIUS, ALTIUS, FORTIUS é unha locución latina que significa “Máis rápido, máis alto, máis forte” e é o lema dos Xogos Olímpicos dende os seus inicios en 1896 ata a actualidade.

Pero, puideron as mulleres participar nos Xogos Olímpicos tanto na antigüidade como na actualidade? Como era a súa participación e en que disciplinas?

Axúdanos a pescudar sobre este interesante tema. Para iso propoñémosvos unha serie de preguntas ás que trataremos de dar resposta. Podedes recoller unha ficha de participación no taboleiro da Caixa do correo violeta (ao lado da biblioteca) e unha vez que teñades as respostas ás preguntas deixalas na Caixa do correo violeta.

Tamén vos propoñemos os visionado do seguinte tráiler do documental HIJAS DE CYNISCA, un documental moi premiado que se centra na desigualdade de xénero no deporte. Nel contan a súa historia mulleres que son referentes e que conseguiron grandes logros na súa carreira. 

O deporte é un dos ámbitos onde máis se discrimina á muller dende a súa infancia e onde menos conscientes somos desta discriminación. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

YAYOI KUSAMA. Mulleres que abren camiño nas artes.

Yayoi Kusama foi a artista protagonista do noso proxecto Mulleres que abren camiño no mes de outubro.  Aquí tedes dúas pequenas presentación...