23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO: BOOKFLIX

Grazas ás propostas do noso alumnado puidemos elaborar un interesante mural baixo o nome de Bookflix no que se recollen recomendacións de lecturas coeducativas. 
Con esta actividade inauguramos tamén a nosa Caixa do correo violeta, un espazo pensado para que o alumnado comparta as súas reflexións, inquedanzas, suxestións, denuncias,.. en temas de igualdade e sobre o que tedes máis información nunha entrada anterior neste blog. 



E para estas lecturas tan interesantes non hai nada mellor que un marcapáxinas que nos invite a vivir cada día unha nova aventura.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...