No ano 1995 Francisco Fernández del Riego, ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, cedeu os seus fondos bibliográficos documentais e artísticos á cidade de Vigo. Este legado exponse na Casa Museo Francisco Fernández del Riego en Vigo. A colección, ademais de documentos e fotos, recolle a súa colección pictórica, e pon de manifesto a súa implicación coa arte galega e cos/coas artistas aos que defendeu e promocionou.
Na colección recóllense 79 obras de Mario F. Granell,
Laxeiro, Luis Seoane, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Colmeiro, Lugrís, Din
Matamoro e Ángel Sevillano entre outros. Tamén conta con obras de escultores
como Failde Gago e Elena Colmeiro.
Entre as
obras atopamos as de tres mulleres artistas: as pintoras Julia Minguillón e
Mercedes Ruibal e a escultora Elena Colmeiro.
Julia
Minguillón (da que xa temos outra entrada no blog) naceu en Lourenzá o 17 de
xullo de 1906. Francisco Fernández del Riego nace tamén en Lourenzá o 7 de
xaneiro de 1913. Ambos coincidiron en Vigo na década dos anos 50.
En Vigo
Julia retratou a gran parte da burguesía da cidade, incluíndo a Francisco
Fernández del Riego.
Retrato de Francisco Fernández del Riego pintado por Julia Minguillón |
Julia Minguillón foi comparada en moitas ocasión con Maruja Mallo: dúas grandes artistas, as dúas de Lugo, as dúas bolseiras de Lugo, que desenvolveron estudos na Escuela de Arte de San Fernando,… pero cunha forma de ver a arte moi diferente: Maruja Mallo era innovadora e Julia Minguillón buscaba a perfección entre o clasicismo e o neocubismo.
Durante
o tempo que viviu en Vigo Julia non frecuentou os ambientes artísticos nos que
relacionarse con outros artistas.
Ademáis
de retrato de Francisco Fernández del Riego, en Vigo poderemos contemplar a
obra “Sueño” (1945) que tamén pertence á colección de fondos de Francisco
Fernández del Riego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario