Mestra, pedagoga e inventora recoñecida como a
precursora do libro electrónica. Naceu en Villamanín (León) o 28 de marzo de
1895 e faleceu en 1975 en Ferrol. Era filla dunha familia acomodada e
cursou
estudos superiores na Escola de Maestra de León onde deu as súas primeras
clases entre 1915 e 1917, ensinando taquigrafía, mecanografía e contabilidade.
Un ano despois desplazouse a Ferrol tras obter unha plaza de mestra nas
oposicións.
Ao longo da súa vida, Angelita (así a chamaban de forma agarimosa) caracterizouse por ter vocación innovadora e buscar un método novo e práctico para aprender. Os seus vecinos recoñeceron a súa adicación organizando unha homenaxe pública e otorgáronlle unha distinción especial polos seus méritos. Ademais de ser inventora, foi directora dun instituto ferrolán e publicou decenas de libros para mellorar a educación facéndooa máis sinxela para o alumnado. Tamén daba clases gratuítas nocturnas.
Durante os seguintes anos, Ángela tamén traballou no invento dunha enciclopedia mecánica para o seu alumnado e alixerar o peso dos libros que levaban na mochila. O 10 de abril de 1962 rexistrou o invento como prototipo feito con zinc e bronce. Era a enciclopedia mecánica que tiña as seguintes características:
·
Non ten páxinas,
as materias van en bobinas que se cambian segundo a materia.
·
Ademais, pódese elixir entre os idiomas español,
inglés e francés.
·
Poden levar sons e facer zoom.
·
Unha das bobinas tiña o abecedario e os números,
polo que podíase escribir textos e cálculos.
Por útimo, hai que salientar que esta muller obtivo
moitos premios como a Cruz de Alfonso X el Sabio, pola súa labor
social e as súas innovacións pedagóxicas, Medalla de Ginebra aos inventores
españoles, Medalla de Ouro e Diploma na 1.ª Exposición Nacional de Inventores
Españoles, entre outros. Tamén
está incluida na Tabla Periódica das Científicas na que estamos a traballar.
Descarga un poster sobre ela: https://www.cientificascasio.com/media/posters/angela_ruiz_robles.pdf
https://www.youtube.com/watch?v=NhnDX4CCa-M
https://mujeresconciencia.com/2015/12/12/con-ciencia-angela-ruiz-robles-la-enciclopedia-mecanica/
Artigo: http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=87
Exposición: https://espacio.fundaciontelefonica.com/evento/la-enciclopedia-mecanica-de-dona-angelita/
No hay comentarios:
Publicar un comentario