MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: CATALINA GARCÍA GONZÁLEZ (LEÓN)

 


Catalina García González naceu o 14 de abril de 1888 en Puebla de Lillo, montaña de León e faleceu en 1959. Era a filla menor de catro irmáns e o seu pai era Garda Civil e a súa nai era ama de casa.  Catalina comezou a traballar colaborando na casa familiar desde os 14 anos adicándose a baixar a lomos do seu cabalo cargamentos de troitas ata a estación de tren para que logo remataran en Madrid.

 Anos máis tarde, 1925,  aprobou o exame de conducir e converteuse na primeira muller española con carné de conducir. Nese anos a muller precisaba un permiso do seu marido para poder ir ao exame e un certificado de boa conducta do concello.

 Catalina García foi nai de seis fillos. Traballaba como conductora de autobús e traballaba na pensión familiar onde había doce cuartos que eran frecuentados polos traballadores das minas. Ademais exercía de carteira e recadeira de toda a veciñanza. 

 Ela comezou no transporte en 1908 , tras moito esforzó en conseguir a concesión, creou unha liña de autobús que ía desde Cofiñal- Puebla de Lillo- Boñar, que realizaba no seu coche de cabalos no que podían ir ata cinco pasaxeiros, comezaba a viaxe pola mañá e regresaba pola tarde. Cando conseguiu o carné comezou a conducir un coche Ford T de matrícula LE-934,  que xa comprara o seu marido anos atrás. O seu segundo coche foi un Hispano Suiza de matricula LE-1634, apto para o transporte de pasaxeiros/as. 

A ruta atravesaba na súa viaxe 21 aldeas e o autobús facía catro viaxes diarios, ás sete da mañá saía a primeira viaxe e regresaba co correo antes de comer e ás tres da tarde partía de novo para chegar ao tren e volvía antes das ceas.

Por último, hai que salientar que está recoñecida como unha das mulleres pioneiras no mundo do motor e o seu nome foi proposto para que na cidade de León unha das súas rúas tivese o seu nome.

 Se queres aprender máis sobre ela:

 https://paraquetuveas.es/catalina-garcia-gonzalez

https://permisperpunts.gencat.cat/index.aspx/catalina-garcia-gonzalez-1-espanola-con-carnet-de-conducir

https://www.auto10.com/actualidad/mujeres-pioneras-en-el-mundo-del-motor-ellas-fueron-las-primeras/17129

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...