María Martinón Torres naceu en Ourense en 1974. É unha médica e paleoantropóloga española. É fundadora da European Society for the Study of Human Evolution (2011) así como membro correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia dende 1999.
Estudiou Medicina e cirurxía na Universidade de Santiago
de Compostela, onde obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura e doutorouse
na mesma universidade co Premio Extraordinario en Medicina e Cirurxía. A súa
tese doutoral tratou sobre a análise da dentición dos homínidos fósiles, codirixida
por José María Bermúdez de Castro, codirector dos xacementos da Serra
de Atapuerca, e Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal
de Santiago de Compostela.
Especializouse en Antropoloxía forense pola Universidade Complutense de Madrid e en Evolución Humana pola Universidade de Brístol. En 1998 entrou a formar parte do equipo de investigación de Atapuerca e entre 2007 e 2015 foi responsable da investigación sobre Antropoloxía Dental en Homínidos no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH). Dende 2015 é profesora no Departamento de Antropoloxía do University College de Londres. O 11 de decembro de 2017 tomou posesión como directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH).
As súas investigacións céntranse no estudio da paleobioloxía dos
homínidos, evolución do aparato dental con implicacións taxonómicas e filoxenéticas,
escenarios evolutivos e paleopatoloxía. O seu traballo centrouse en Atapuerca e Dmanisi (Georgia),
ademais de colaborar en varios proxectos internacionais
de investigación con Francia, China, Sudáfrica ou Reino Unido. En Dmanisi atoparon os restos humanos máis antigos de fóra
de África, de 1,8 millóns de anos, o que podería probar que a orixe dos primeiros
europeos é asiático en lugar de africano.
Ten publicados máis
de dez libros ou capítulos de libros no ámbito da evolución humana e mais de
100 artigos en revistas científicas internacionais. O seu traballo foi incluído
na lista dos autores máis citados no seu campo segundo a axencia Thomson Reuters.
Entre os seus recoñecementos destacan:
·
Premio da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
·
Premio Fundación Caixa Galicia ao mellor expediente de
Licenciatura en Medicina.
·
Club Gallegos do Ano (2019).
·
Rivers Medal 2019, Royal Anthropological Institute (Reino Unido).
No hay comentarios:
Publicar un comentario