(Burgos, 1500 – Salamanca 1562) foi a primeira
muller impresora española, filla, esposa e nai de impresores.
Isabel era filla de Isabel de la Fuente e Fadrique Biel de Basilea,
impresor asentado en Burgos. Naceu nesta cidade, onde o seu pai tiña o
taller.
Como naquela época Isabel non podía figurar como dona da imprenta, as obras
impresas nese tempo apareceron como realizadas “En casa de Alonso de Melgar”,
pero este faleceu en 1525 e ao ano seguinte a obra Las leyes y premáticas
reales hechas por su majestad en las Cortes de Toledo figurou realizada
pola “honesta viuda de Alonso de Melgar”.
Debido á situación xurídica da muller naqueles anos, con moitas limitacións
legais e sociais para a actividade empresarial, Isabel casou axiña con Juan de
Junta, tamén impresor, para poder conservar a imprenta.
En 1526 De Junta aparecía xa como director da imprenta, pero Isabel era a
que se encargaba da impresión e xestionaba a empresa. O matrimonio estableceuse
en Salamanca en 1532, aínda que seguiron mantendo o taller de Burgos. Nesta
cidade naceron outros dous fillos, Lucrecia e Felipe.
Ademais é probable que Isabel estivera a ofrende da decoración dos libros,
inspirados nas obras do seu pai, e que fabricaba a tinta no patio da súa casa,
segundo se deduce dun preito que mantivo cun veciño.
Os seus fillos Lucrecia e Felipe seguiron a tradición familiar que iniciara
Fadrique de Basilea facéndose cargo das imprentas de Salamanca e Burgos
respectivamente.
Na cidade de Burgos permanece aberto dende o 23 de xullo de 2010 o museo do
libro que leva o nome de Fadrique de Basilea, pai de Isabel, en recoñecemento á
súa labor no taller de impresión do que saíron algún dos libros de máis sona dese
tempo, como a primeira edición de La Celestina.
O seguinte vídeo ofrece unha pequena biografía sobre Isabel de Basilea:
No hay comentarios:
Publicar un comentario