11 F: ANTONIA FERRÍN MOREIRAS, A CIENTÍFICA MISTERIOSA DA SEGUNDA SEMANA.

 


Antonia Ferrín Moreiras nace en Ourense o 13 de maio de 1914. Foi unha matemática, profesora e a primeira astrónoma galega.


Antes da Guerra Civil, obtivo as licenciaturas de Química e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, o título de Maestra Nacional e estudou dos cursos de Ciencias Exactas, que era o nome que se lle daba naquel momento á carreira de Matemáticas. Acabou os estudos de matemáticas despois da guerra na Universidade Central de Madrid (agora a Complutense).

Converteuse en 1957 na primeira muller profesora da Facultade de Matemáticas en Santiago e en 1963 na primeira muller española en defender unha tese sobre astronomía, sendo tamén a primeira tese defendida na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago: “Observaciones de pasos por dos verticales”.

A súa contribución á astronomía céntrase en traballo sobre ocultacións estelares pola lúa, medidas de estrelas dobres e medidas astrométricas, así como a determinación de pasos por dúas verticais, unha investigacións que realizou mentres traballaba no Observatorio de Santiago.

Unha aula da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome.

A universidade de Vigo creou un premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero na súa honra.

Antonia Ferrín falece en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2009.

 

Podes usar os enlaces da bibliografía para descubrir máis información sobre Antonia Ferrín:

Wikipedia

GCiencia, o portal da ciencia galega: AntoniaFerrín Moreiras, a primeira astrónoma galega.

Consello da Cultura Galega: Antonia Ferrín, a contadora de estrelas.

Mujeres con ciencia. Antonia Ferrín Moreiras:simplemente, una científica indescriptible.

Mujeres notables: Biografía de Antonia Ferrín.

ABC Ciencia: Antonia Ferrín, la gallegapionera en astronomía que no podía llevar pantalones.


Tamén podes ver os vídeos:

 Antonia Ferrín Moreiras entrevistada por Matilde Ríos Fachal.

No xardín nocturno de Antonia. Videopoema inspirado na astrónoma galega Antonia Ferrín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...