23 DE ABRIL: ARTE E LITERATURA: MUJERES EN EL ARTE

 Título: Mujeres en el Arte. 50 intrépidas creadoras que inspiraron al mundo.

Escritora e ilustradora: Rachel Ignotofsky.

Editorial: Nórdica Libros, Capitán Swing.

Neste libro a autora, a ilustradora norteamericana Rachel Ignotosfsky, ofrece unha selección de 50 creadoras de diferentes ámbitos e non só pintoras. Así, por exemplo, introduce a ilustradoras como Beatrix Potter, arquitectas como Zaha Hadid, compositoras como Wendy Carlos, diseñadoras gráficas como Paula Scher, deseñadoras como Belle Kogan, artistas textiles como Harriet Powers, ceramistas como Nampeyo ou fotógrafas e cineastas.


Entre a selección de pintoras destacan Tarsilia do Amaral, Rosa Bonheur, Frida Kahlo, Georgia O’Keefe ou Tamara de Lempicka.

Obviamente, nesta selección inflúe o feito de que o libro estea realizado dende Estados Unidos polo que, entre outros aspectos, recolle un maior número de artistas estadounidenses e latinoamericanas. E, polo tanto nel botaremos en falta artistas como Maruja Mallo, Luisa Roldán, Carmen Laffon, Rosario Weiss,...

Se embargo esta perspectiva norteamericana tamén nos aporta o punto de vista das mulleres pertencentes a determinadas comunidades  que tiveron que enfrontarse a unha dobre marxinación: ser muller e pertencer a comunidades como as indíxenas, afroamericana, etc. Así recolle a artistas como Nampeyo, nativa americana que recuperou a cerámica tradicional dos indios hopi, ou as afroamericas Harriet Powers ou Augusta Savage, que gañou unha bolsa para estudar arte en París en 1923 e que lle foi denegada cando viron a cor da súa pel.


Neste libro cada artista se representa a dobre páxina. Á dereita un texto compila unha breve biografía vital e artística da creadora. Á esquerda Rachel Ignotofsky debuxa á artista rodeada das súas principais creacións. Tamén hai un marco no que se apuntan algúns dos feitos principais da vida das artistas, xunto con mencións de súas obras máis emblemáticas.

Inclúe tamén Inclúe datos estatísticos importantes e unha liña do tempo.


A autora, Rachel Ignotofsky, tamén é a creadora doutros dos libros: Mujeres de ciencia e Mujeres en el deporte. 


Fonte: Editorial Nórdica.

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...