11 F: TERCEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA: ROSA MARÍA MENÉNDEZ

 Rosa María Menéndez López naceu en Cudillero, Asturias, o 12 de febreiro de 1956. É científica e a primeira muller que presidiu o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), cargo que desempeñou dende novembro de 2017 ata xuño de 2022.

Nun principio Rosa María Menéndez pensaba dedicarse á docencia pero despois de licenciarse en Química orgánica na Universidade de Oviedo en 1980 e de doutorarse en 1986, empezou a traballar no CSIC, en el Instituto Nacional del Carbón de Oviedo. En maio de 2003 accedeu á escala de Profesores de Investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

O seu traballo como investigadora está relacionado cos materiais e a enerxía, ocupándose da optimización dos procesos de conversión do carbón e revalorización dos seus derivados, iniciando unha liña de investigación sobre o grafeno e a súa utilización en varias aplicación, como o almacenamento de enerxía e os reactores nucleares de fusión, e tamén no campo da biomedicina

Entre 2003 e 2008 dirixiu o Instituto Nacional do Carbón (INCAR), e entre maio de 2008 e febreiro de 2009 ocupou o cargo de Vicepresidenta de Investigación Científica e Técnica do CSIC.

O 17 de novembro de 2017, a proposta do Ministerio de Economía y Competitividad, o goberno español aprobou o nomeamento de Rosa María Menéndez como presidenta do Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC), converténdose na primeira muller que preside o maior organismo público de investigación de España, que conta con 13.000 investigadores, dos que só un 35% son mulleres. Cesou en xuño de 2022, sendo substituída por outra muller, María Eloísa del Pino Matute.

É unha das persoas promotoras da Fundación Margarita Salas, para a defensa e promoción do papel da muller na ciencia.

Para saber máis podes ver os seguintes vídeos:

- Explícamelo como si fuese un niño: Rosa Menéndez:


- ¿Qué é o grafeno?


- Entrevista a Rosa María Menéndez na que tamén nos fala de como descubriu a súa vocación científica:

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...