Naceu en
Alicante en 1965. É unha bióloga molecular que dirixe en España o Centro
Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) dende o 22 de xuño de 2011.
Licenciouse en
Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Valencia e obtivo o doutorado en 1993
en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid baixo a
dirección de Margarita Salas Falgueras.
Dende 1993 a 1997
traballou como investigadora postoutoral no laboratorio da doutora Carol
Greider no Cold Spring Harbor Laboratoy de New York.
En 1997
empezou a traballar como xefa de grupo e científica do Centro Superior de
Investigacións Científicas (CSIC) no Departamento de Inmunoloxía e Oncoloxía.
En 2003
incorporouse ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) nese
momento baixo a dirección do doutor Mariano Barbacid.
Dende 2011 é a
directora do CNIP, unha institución na que case cincocentas persoas traballan
na investigación do tratamento do cáncer.
-
2022 Doutora Honoris Causa por
cuarta vez.
-
2021 Premio Mujeres Progresistas de
Retiro en su IV edición.
-
2019 Premio Optimista Comprometida
coa Ciencia
-
2018 Foi incluída na Táboa Periódia
das Científicas
-
2017 Distinción da Generalitat
Valenciana ao Mérito Científico.
-
2016 Premio Mujeres a Seguir, en la
categoría Premio Especial a la Excelencia a la divulgación científica.
- 2014, Seleccionada para a primeira “Selección Española da Ciencia”, composta por trece científicos españoles destacados a escala internacional, pola revista Quo, en colaboración co Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Consejo Superior de Deportes.
No seguinte vídeo poderás ver a María Antonia Blasco falando da súa vocación e animando ás nenas a seguir a súa vocación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario