Xa está no noso centro a Caixa do Correo Violeta!!!!
Con esta iniciativa queremos estar cerca do noso alumnado e atender de primeira man as súas necesidades e inquedanzas en temas de igualdade. Se queredes saber máis sobre o seu funcionamento lede as respostas ás seguintes preguntas:
Podedes compartir múltiples aspectos:
- Propoñer temas que inviten á reflexión e o debate sobre cuestións
relacionadas coa igualdade. Podería ser unha situación observada por vós, a
letra dunha canción, escenas de películas, anuncios publicitarios, ...
- Propoñer lecturas ou libros coeducativos.
- Propoñer actividades que vos gustaría que se levasen a cabo no centro:
charlas, talleres sobre uso correcto das redes sociais, uso das novas
tecnoloxías, ...
- E, por suposto, denunciar casos de desigualdade ou incluso violencia de xénero dos que teñades coñecemento.
Por suposto que non. Podes facer suxestións anónimas ou asinalas se así o desexas.
A Caixa do Correo Violeta só será aberta polas Coordinadoras de Igualdade do centro que revisarán e analizarán as vosas propostas.
Proñoñémosvos unha actividade para empezar a usar a nosa Caixa do Correo Violeta: LECTURAS COEDUCATIVAS.
Poderedes facer aos demais compañeiros e compañeiras unha proposta de libros coeducativos escribindo un breve resumo do contido e explicando o motivo polos que o recomendades.
Teredes á vosa disposición nas titorías unhas fichas que vos axudarán na recollida da información. O Equipo de Igualdade revisará a vosa proposta e engadirá a foto da portada do libro recomendado.
Estamos desexando recibir as vosas propostas e mentres tanto preparamos un mural para expoñelas todas.
Animádevos a participar nesta iniciativa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario