Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia, iniciamos unha nova edición da actividade A CIENTÍFICA MISTERIOSA na nosa Táboa Periódica das científicas seguindo a Táboa creada por Teresa Valdés-Solís Iglesias que, segundo o seu perfil, é:
- Enxeñeira química e Doutora en Tecnoloxías do Medio Ambiente.
- Científica no Instituto Nacional do Carbón (INCAR-CSIC).
- Investigadora e materiais soportados con aplicacións enerxéticas e medioambientais co grupo www.incar.csic.es/porosos
- Divulgadora dos temas que lle interesan (enerxía, muller e ciencia e ciencia para nenos e nenas) en cienciaypresencia.blogspot.com
- Preside a “Asociación de Divulgación Científica de Asturias” @adc_astur.
- Colabora con Naukas @Naukas_com y 11F @11defebreroES
- Autora de La Tabla Periódica de las Científicas #LasElementas.
Nesta táboa Teresa Valdés-Solís recolle a 118 mulleres científicas agrupadas en: Ciencias naturais, matemáticas, químicas, inventoras/enxeñeiras, astrónomas, paleontólogas, bioquímica/bioloxía/medicina, físicas e primatólogas.
Deseño da Táboa Periódica das Científicas realizado por Teresa Valdés-Solís |
Cada semana propoñeremos 4 pistas sobre unha destas científicas para que o alumnado investigue e descubra quen é a científica misteriosa. Ao final da semana publicaremos a identidade da científica e compartirase no blog información sobre a mesma así como enlaces de interese para que o alumnado poida seguir investigando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario