Jane Goodall é unha etóloga inglesa e Mensajera de la Paz de la Organización de las Naciones Unidas. É unha pioneira no estudo dos chimpancés salvaxes e coñecida polo seu estudo de sesenta anos sobre as interaccións sociais e familiares dos chimpancés salvaxes no parque nacional Gombe Stream en Tanzania.
É a fundadora do Insituto Jane Goodall e fixo un gran traballo en materia
de benestar animal.
Pertence ao comité do Proxecto dos Dereitos Humanos dende a súa fundación en 1996.
Jane Goodall naceu o 3 de abril de 1934 en Londres. Pasou a súa infancia e
xuventude en Bournemouth, no sur de Inglaterra, rodeada de animais e soñando
con escribir sobre os animais en África. Aos 23 anos viaxou a Kenia, onde
traballou co antropólogo Louis Leakey ata que en 1960 foi enviada a Gombe,
Tanzania, coa misión de investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes.
Coa compañía da súa nai e dun cociñeiro montou a súa tenda de campaña na selva
e comezou un proxecto de investigación que en principio ía durar 6 meses e
aínda continúa aproximadamente 60 anos despois.
Nas súas investigacións Jane observou que os chimpancés tiñan personalidades únicas, que eran capaces de ter emocións, condutas como abrazos, bicos, cóxegas... algo contrario ao que se pensaba naquela época. Pero tamén observou condutas agresivas con outros animais.
Jane Goodall diferenciouse doutros científicos poñendo nome aos animais dos
seus estudos en vez de asignarlles un número. Con isto conseguiu ademais ter
unha maior conexión cos chimpancés e convertirse no único ser humano aceptado por
unha sociedade de chimpancés ata o momento.
Se queredes investigar máis sobre Jane seguide o seguinte enlace á paxina web do Instituto Jane Goodall onde atoparedes vídeos, fotografías, enlaces de interese. Tamén poderedes descubrir Gombe con imaxes a 360º seguindo os enlaces a Google Street View.
No hay comentarios:
Publicar un comentario