MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: ANTOLINA RUÍZ-ORALDE OTERO (A RIOXA)

  


Antolina Ruiz- Oralde Otero naceu o dous  de setembro do ano 1821 en Logroño.

Foi unha muller moi emprendedora para súa época, xa que conseguín moito  éxito grazas á creación dos famosos caramelos Solano.

No ano 1830 Celestino Solano abría unha confeitaría na calle Albornoz, na parte vella logroñesa, próxima á rúa O Laurel, xunto coa súa esposa Antolina Ruiz-Olalde y Otero.

Comezaron a fabricar caramelos para a tose para os seus clientes. Posteriormente creou o seu produto estrela: as pastillas de café con leite, elaboradas con leite de burra que, polo seu efecto medicinal, tiñan efectos positivos para combater os arrefriados. O éxito do produto fixo que no ano 1850 abandonaran a confeitaría e se dedicaran unicamente a fabricar os caramelos.

Unha vez falecida a súa parella pasaron a denominarse caramelos da viúva de Celestino Solano e unha vez falecida Antolina a compañía pasou ás mans da súa sobriña Araceli López-Castro Ruiz-Olalde, quen co paso do tempo pasou a utilizar leite de vaca e así conseguiu multiplicar a súa produción.

Un dato curioso é que a  fábrica sempre contou cunha ampla maioría feminina no seu cadro de persoal.

Agora toca falar do seu produto estrela, os caramelos Solano e a súa evolución co paso do tempo…


A marca de Caramelos Solano atópase actualmente baixo o control da empresa Wrigley Sapain.

A última ampliación da fábrica foi no ano  1970, aumentando así a capacidade de produción o que permitiu ampliar a gama de caramelos como os brandos mastigables Skysol ou os caramelos con cobertura de chocolate. Máis tarde, a empresa foi absorbida polo grupo Fosforera Española, trasladando así a produción a Zaragoza e cerrando a emblemática fábrica de Varea de Logroño. Dende o ano 2004 a marca de caramelos Solano pertencen á multinacional Wrigley que internacionalizou o produto levándoo a máis de 70 países onde se vende actualmente.  

Aínda que as especialidades da marca son por tradición os caramelos de café con leite e toffe, co paso do tempo creáronse outros sabores como os caramelos de menta e nata, os de mouse de limón ou os de capuchino.



Son produtos que se foron adaptando aos tempos modernos, xa que case todos os artigos son sen glute.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...