DÍA DE ADA LOVELACE - 10 DE OUTUBRO DE 2023

O Día de Ada Lovelace celébrase o segundo martes de outubro dende o ano 2009. O obxectivo é dar visibilidade ao traballo que realizaron as mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Ao longo da historia, son moitos os científicos que recibiron recoñecementos polo seu traballo. Sen embargo, a porcentaxe de mulleres ás que se lle recoñece as súas aportacións é moi pequeno, debido á enorme desigualdade e ao silencio ao que se viron sometidas. Por exemplo, Ada Lovelace firmou os seus traballos coas iniciais A.A.L. por medo a que se censurasen polo solo feito de ser muller.

Segundo datos da UNESCO, menos do 30% de investigadores científicos no mundo son mulleres. Esta fenda leva a que moitos avances científicos e tecnolóxicos sexan desenvolvidos a partir de prexuízos.

É necesario recoñecer tamén a estas científicas o seu papel como referente para as nosas nenas e a súa contribución ao fomento das vocacións nas áreas STEAM.

Para todas elas, Feliz Día de Ada Lovelace!

 

Pero,

QUEN FOI ADA LOVELACE?

Ada Lovelace, nacida como Augusta Ada Byron o 10 de decembro de 1815 en Londres, foi unha matemática e escritora británica que contribuíu a sentar as bases da linguaxe matemática. É recoñecida como a primeira programadora de ordenadores.

O seu talento para as matemáticas, potenciado pola súa nai, levouna a coñecer e manter amizade como matemático inglés Charles Babbage e ao estudo da chamada “máquina analítica” do matemático, unha calculadora mecánica. Ada Lovelace imaxinou que esa máquina podería facer máis tarefas que o simple cálculo. Entre 1842 e 1843 traduciu un artigo do enxeñeiro militar italiano Luigi Menabrea sobre a máquina. Ada engadiu na tradución un amplo número de notas propias. Esas notas conteñen o que se considera como o primeiro programa de ordenador, é dicir, un algoritmo codificado para que unha máquina o procese.

Ada escribiu: “Ninguén sabe o potencial deste poderoso sistema; algún día poderá chegar a executar música, compoñer sinfonías e realizar deseños gráficos”. Sen sabelo estaba describindo un ordenador.

Para saber máis sobre Ada Lovelace podes seguir os seguintes enlaces:







No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...