ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA

 Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do barrio de Monte Alto, tivo que deixar os estudos aos 11 anos para facerse costureira e chegaría a ser unha empresaria que ocupou o posto 66 entre as mulleres máis poderosas do mundo.


En 1986 crea a Fundación Paideia Galiza, dedicada a favorecer a integración social das persoas con discapacidade, promover oportunidades de emprego para xoves e potenciar o emprendemento empresarial e cultural. En aqueles anos Rosalía tamén estudiou Maxisterio e investiu en numerosas causas sociais.


Actualmente a presidenta do padroado é Sandra Ortega Mera.

Ademais utilizou o seu patrimonio persoal para financiar a investigación das chamadas Enfermidades Raras, investindo en investigación de biomedicina molecular en Noscira, unha filial de Zeltia. Grazas a estes investimentos saíron á luz investigación sobre a enfermidade do Alzheimer entre outras e medicamentos novidosos en torno a este tipo de enfermidades.

TERESA HERRERA: HOSPITAL DE LA CARIDAD.

 Teresa Margarita Herrera y Pedrosa, nada na rúa da Cordonería, o 10 de novembro de 1712 e finada o 22 de outubro de 1791, foi a fundadora do primeiro Hospital da Caridade da cidade.



Entregada aos seres marxinados, dende moi nena acollía e coidaba na súa casa a mulleres enfermas e sen recursos, convertendo o seu lar nun pequeno hospital, así era chamado polos conveciños: “o hospitaliño de Deus”.

Estaba destinado principalmente a maternidade e orfanato.

En xullo de 1791 colocouse a primeira pedra do futuro hospital, nun acto ao que asistiu Teresa Herrera que nesa altura contaba 80 anos. O hospital inaugurouse tres anos despois e foi derrubado en 1960.

  


Estaba situado na Rúa do Hospital e os seus terreos están ocupados actualmente polo instituto de Zalaeta.

Ubicación do antigo Hospital de Caridad
Instituto  Zalaeta (IES Ramón Menéndez Pidal)

No ano 1876, o Concello da Coruña acorda dar o nome de Teresa Herrera á rúa Campo Carballo, que actualmente comeza na rúa Ferrol e a Praza de Lugo e acaba na Praza de Pontevedra.

Na Coruña leva o seu nome:

-O Hospital Materno Infantil;

-A rúa Teresa Herrera;

-O Trofeo Teresa Herera de fútbol dende 1946;

-A Bandeira Teresa Herrera de remo dende 1986;

-O Trofeo Teresa Herrera de pádel dende 2007;

-O rally de automóbiles de época Teresa Herrera.


30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ. CORUÑESAS SOLIDARIAS

 Para a conmemoración do Día da Paz realizamos varias actividades no centro. Entre elas a carreira solidaria a favor de Save The Children. Dende o Equipo de Igualdade, e relacionado co carácter solidario da carreira e co proxecto de centro deste curso #explorACoruña, propoñemos dar visibilidade a varias mulleres coruñesas que realizaron obras benéficas en favor dos máis desfavorecidos. 

Consideramos importante destacar o papel filantrópica destas mulleres ao mesmo tempo que descubrimos a historia de algúns edificios, organizacións, asociacións, etc da cidade. 

As mulleres que daremos a coñecer nas seguintes entradas son: 

- Teresa Herrera, 

- Juana de Vega, 

- Modesta Goicouría, 

- Ángela Labaca, 

- Adelaida Muro, 

- Ángela Blanco Pérez, 

- María Barbeito, 

- Carmen Rodríguez-Losada Trulock,

- Rosalía Mera, 

- Isabel Zendal e a expedición Balmis. 

ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA

 Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do bar...