O pasado luns 14 de marzo conmemorouse o Día Internacional das Matemáticas, proclamado pola UNESCO no ano 2019. Nesta celebración proponse cada ano un tema novo para animar á participación, espertar a creatividade e salientar as relacións entre as matemáticas e todo tipo de campos, conceptos e ideas.
Neste 2022 o tema é As matemáticas que unen que foi proposto pola estudante canadense Yulija Nesterova, sinalando que é unha linguaxe común que todos temos.
Neste contexto non podíamos deixar pasar a oportunidade de dedicar a nosa actividade da Científica Misteriosa desta semana a unha matemática.
Atréveste a pescudar? Permanece atento ás pistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario