MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: ISABEL ZENDAL GÓMEZ (A CORUÑA)


Isabel Zendal naceu o 26 de febreiro de 1773 en Santa Marina de Parada, no concello de Ordes na provincia da Coruña.

Seu pai, Jacobo Zendal, e a súa nai, Ignacia Gómez, eran agricultores.

Ignacia Gómez, nai de Isabel Zendal, faleceu de varíola, o que obriga a Isabel a abandoar a súa casa familiar para traballar.

Con vinte anos comeza a traballar no Hospital da Caridade da Coruña, primeiro como axudante e máis tarde como directora.

En 1793 nace o seu fillo, Belito Vélez, a quen o atente como nai solteira.

En 1803 incorpórase a Isabel Zendal á expedición filantrópica da vacina da varíola, así aparece recollido no decreto o 14 de outubrocomo observamos a continuación:

  ‘Conformándose el Rey con la propuesta de V.M. y del Director de la expedición destinada a propagar en Indias la inoculación de la vacuna, permite S.M. que la Rectora de la Casa de Expósitos de esa ciudad sea incorporada en la misma expedición en clase de Enfermera, con el sueldo y ayuda de costa señalada a los Enfermeros, para que cuide durante la navegación de la asistencia y aseo de los Niños que hayan de embarcarse y cese la repugnancia que se experimenta en algunos Padres de fiar sus hijos al cuidado de aquellos, sin el alivio de una Mujer de providad. Con esta fecha, paso el aviso correspondiente al Ministerio de hacienda para que la Rectora reciba en esa Ciudad la ayuda de costa de tres mil reales con destino a su habilitación y para el abono en Indias del sueldo de quinientos pesos fuertes anuales, contados desde el día que se embarque y la mitad a su regreso, que deberá ser de cuenta del Erario; y a V.M. lo participo de Real orden para la inteligencia de la Junta de caridad, de que es Presidente, y noticia de la interesada. Dios guíe a V.M. muchos años. San Lorenzo y Octubre, 14 de 1803.

Josef Antonio Caballero.
Don Ygnacio Carrillo y Niebla’.

 

Esta expedición, que foi de carácter filantrópico, deu a volta ao mundo e durou 3 anos. O seu obxectivo era que a vacina da varíola chegase a todos os recunchos do Imperio español debido a alta letalidade da varíola.

Consíderase a primeira expedición sanitaria internacional da historia.

Esta operación  comezou co frete da corbeta María pita que levaba a veintidous nenos (nenos que aínda non pasaran a varíola e transmitiuse o virus de un a outro cada 9-10 días). Entre estes nenos atopábase Benito Vélez, fillo de Isabel Zendal.). A corbeta de María Pita partiu do porto da Coruña.


Zendal foi unha parte esencial para que a expedición tivera éxito coidando e mantendo saudables aos nenos durante a viaxe. Así foi como Zendal se convertiu na primeira enfermeira da historia en participar nunha misión sanitaria internacional.

Grazas a esta expedición a varíola considérase erradicada en 1980.

Existen premios, rúas, hospital e escolas co seu nome, así como novelas, contos ou películas que lle dedican numerosos autores. Aínda que o seu nome aparece recollido de moitas formas; o que dificultou o seu recoñecemento e silenciou a súa figura. Algúns dos nomes cos que foi recollida foron:

Isabel López Gandalia,
Ysabel Gómez Sandalla,
Isabel Sendalla,
Isabel Zendalla,
Isabel Cendalla y Gómez,
Isabel Cendala y Gómez,
Isabel Cendales,
Isabel Sendales,
Isabel Gandalla

Algúns dos seus recoñecementos:





A obra de Acisclo Manzano recorda a saída dende o mesmo sitio da expedición.












A OMS recoñece en 1950 a Isabel Zendal como a primeira enfermeira nunha misión internacional.








Rúa da Coruña que leva o seu nome.














Crease durante a pandemia COVID-19 o “Hospital Isabel Zendal”.






   Moro, Javier. (2015).”A flor de piel”










Estás interesada ou interesado en ver máis información sobre ela?

·       https://www.youtube.com/supported_browsers?next_url=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3D_WVkL7HhjAc

 

·       Documental “Isabel Zendal, la enfermeraque cambió el rumbo del mundo” creada polo Sindicato de Enfermería, SATSE, e a Fundación para o Desenvolvemento da Enfermería, FUDEN.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...