Nace na coruña en 1909 e morre de tuberculose na mesma cidade en 1926
Ao principio da súa
carreira, no equipo infantil Racing-Athletic, Irene xogaba de dianteira centro,
mais por motivos descoñecidos, cando fundou o seu club Irene C.F., do que pasou
a ser capiá, cambiou á posición de porteira. No equipo, que estaba federado, xogaba xunto aos homes. A
súa fama fixo que o seu club disputase encontros na Laracha, Betanzos, Ferrol,
Sada, Oleiros, Culleredo, Monforte ou Noia, con importante presenza de público.
Os que a viron xogar
afirman que Irene era unha gran porteira, á que era moi difícil meter un gol.
A comezos do ano 1925,
cando faltaban tan só uns meses para que cumprise dezaseis anos, sacáronlle a
única fotografía súa coñecida.
Co Irene F.C. participou en competicións infantís da Coruña, e de xuño a setembro de 1925 organizou un campionato en que participaron dezaoito clubs. Tamén interveu en varios encontros amigables.
Dela
din que foi unha adiantada ao seu tempo. A pesares da súa xuventude e dos
férreos límites da çepoca conseguiu facerse un sitio nun espazo masculino
reservado exclusivamente para homes"
Nos
anos vinte, Coruña era unha cidade aberta e cosmopolita, pero en plena
dictadura de Primo de Rivera non era normal ver unha muller vestida de corto
xogando ao futbol. Polo que Irene tivo que aguantar insultos e ver como as
crónicas deportivas centrábanse mais no feito de ser muller que nas súas
habilidades co balón.
Pero
tamén hai quen se posicionou doutra banda. No diario “El Orzán” publicaron:
"El feminismo se impone. Al paso que va no tardarán mucho en ser
ellas quienes gobiernen y dirijan todo (...) En Galicia sabemos cómo [las
mujeres] realizan las más rudas tareas del campo (...) y en La Coruña (sic)
vémoslas arrastrar carretillas o cargar a hombros enormes bultos con iguales
energías que el más forzudo de los mozos de cordel".
A popularidade de Irene pódese
medir pola atención que naquel tempo lle dedicaron os autores dos clásicos
apropósitos coruñeses. Nun deles unha rapaza cantaba, sobre unha melodía do
momento, a seguinte copla:
Mamá,
futbolista quero ser,
para xogar como Irene,
que xoga moi ben.
Mamá,
cando eu sexa maior,
gañarei moito diñeiro
xogando ao futbol.
A súa historia pérdese no franquismo pero agora é recuperada no libro “Ventureira e cudeiro”. A raíz disto, unha rúa da cidade levará o nome de Irene González Basanta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario