MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: ISABEL DE PORTUGAL

 


Isabel de Portugal, tamén coñecida como Isabel de Aragón ou Raíña Santa.

Naceu en Zaragoza o 4 de xaneiro do 1271. Foi raíña de Portugal dende o 24 de xuño do 1282 ata o 7 de xaneiro do 1325. Dedicou a súa vida a atender a enfermos, anciáns e mendigos, amais de construír hospitais, escolas gratuítas e refuxios para orfos.

https://es.wikipedia.org/wiki/Isabel_de_Portugal_(santa)

Despois do pasamento do rei Don Dinís I, co que casara o 24 de xuño do 1282, peregrinou a Santiago de Compostela, sendo a primeira muller peregrina e levando   unha   gran   ofrenda   ao Apóstolo. Ao contemplar Compostela descabalgou e continuou peregrinado a pé; asistiu á celebración do 25 de xullo e doou ao apóstolo a súa coroa de raíña, o seu manto bordado con fíos de ouro e prata, tapicerías de Aragón e Portugal, unha vaixela e outros presentes, recibindo do arcebispo Berenguel de Landoria un peto de coiro adornado cunha cuncha de vieira e un báculo.

https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/peregrinacion-santiago-rainha-santa-portugal-AQCG1200257

Á volta da súa peregrinación ingresou no convento de Santa Clara-a-Velha en Coímbra, dende onde levou a cabo múltiples obras de caridade e axudou sempre aos máis necesitados.



Cos obxectos recibidos polo arcebispo, que demostraban a súa condición de peregrina xacobea, soterrouse a raíña en Santa Clara-a-Velha.

Foi canonizada no 1612.

Faleceu o 4 de xullo do 1336 en Estremoz (Região do Alentejo).



 


No 2016, coincidindo cos 500 anos da beatificación da raíña Santa Isabel, o Museo Nacional de Arte Antiga de Lisboa inaugurou unha exposición de enorme valor histórico e artístico. Por primeira vez os restos do tesouro da única monarca ao sur do Miño, santa e peregrina a Santiago na Idade Media, saíron de Coimbra para exporse na bela sala do teito pintado do MNAA (Museo Nacional de Arte Antiga).

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/03/14/reina-beata-peregrina-santiago/0003_201603E14P40991.htm

 

Para completar información sobre “Como foron as peregrinacións da coroa portuguesa a Santiago de Compostela”, pódese consultar o seguinte enlace:

https://historiadegalicia.gal/2022/03/estas-foron-as-peregrinacions-da-coroa-portuguesa-a-santiago-de-compostela/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...