MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: GILDEBERTA DE FLANDES


De Gildeberta de Flandes pouco información chegou ós nosos días, sen embargo, a pouca que temos dota a esta muller nacida nalgún momento do século XII na rexión belga de Flandes, de gran importancia.


O que se sabe dela con seguridade é que acompañou ó Códice Calixtino dende Roma ata a cidade de Santiago de Compostela, e que xunto cun monxe francés, Aymeric Picaud, recorreron a longa distancia ata depositar un exemplar de tan preciado libro na Catedral de Santiago.


Gildeberta, é a única muller peregrina citada en todo o Códice Calixtino, por iso é tan importante, e tamén porque as máis recentes investigacións, otorgan, a lo menos en parte, de autoría a Gildeberta deste tan preciado libro.


En concreto, créese que Gildeberta redactou en parte, senón totalmente, o libro quinto que compón o Códice Calixtino, o “Libro de Santiago” que contén en especial pasaxes da peregrinación de Roma a Santiago, e que se conserva na Catedral.


A maneira de redactar pasaxes destos textos, con especial atención ós detalles e a outras características, fan pensar ós estudiosos da época e da literatura escrita por mulleres, que ela puido ser autora ou coautora de gran cantidade de líneas que compoñen o que é, a día de hoxe, o documento máis importante que se conserva dos inicios do Camiño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...