MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: MATILDE HUICI (NAVARRA)

 

Matilde Huici naceu en Pamplona en 1890. Foi unha mestra, avogada, pedagoga e sufraxista española.

Foi a terceira de catro fillos e medrou nunha familia acomodada, republicana e liberal. Aos dezasete anos titulouse como mestra e durante un tempo exerceu en San Sebastián. En 1916 trasladouse a Madrid onde estudou inglés, francés e taquigrafía. Tres anos despois comezou a estudar Dereito e en 1922 fíxose Inspectora de Mestres de Primaria.

En 1926 finalizou os seus estudos de Dereito, especializándose en Criminoloxía. Foi a terceira muller inscrita no Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, tras Clara Campoamor e Victoria Kent. Grazas a unha bolsa de ampliación de estudos, Matilde puido viaxar e estudar o funcionamento dos Tribunais de Menores de diversos países de Europa e Estados Unidos, coa fin de atopar os mellores métodos para o tratamento dos menores delincuentes e en perigo de marxinación. Ao seu regreso a España, en 1925, ingresou na Real Academia de Xurisprudencia e dedicouse á modernización do sistema de protección de menores en España. Tamén colaborou con María Maeztu na organización da Residencia de Señoritas e do Lyceum Club, organizacións destinadas á loita polos dereitos da muller.

Matilde foi membro dunha xeración de mulleres cultas, comprometidas e feministas que reivindicaron os dereitos sociais e políticos das mulleres. As campañas a favor do sufraxio feminino, o divorcio, ou o acceso en igualdade aos postos laborais son temas frecuentes nos seus escritos en prensa. Así, en compañía de Clara Campoamor, María de Maeztu e Vitoria Kent, Matilde foi cofundadora da Asociación de Mulleres Españolas Universitarias.

De esquerda a dereita: Loreto Tapia, Jimena Quirós, Matilde Huici, Conrada Calvo, María Arapalis, Clara Campoamor e Josefina Soriano no Comité de Xuventude Universitaria Feminina

Coa chegada da República, Matilde desempeñou varios cargos políticos, formando parte do reducido grupo de mulleres que tiñan acceso a esta responsabilidade. Durante a Guerra Civil, Matilde traballou na Sociedade de Nacións (hoxe ONU) dirixindo tarefas de auxilio e socorro a nenos e salvando innumerables vidas.

En 1940 exiliouse a Chile, onde continuou cambiando e revolucionando a sociedade. Alí creou unha rede educativa dirixida á primeira infancia que chegou a converterse nun referente no sistema pedagóxico chileno e da que aínda quedan algúns centros.

Matilde morreu en Santiago de Chile en 1965, pero a súa labor e entrega á defensa dos dereitos das mulleres, así como da educación de menores en risco de exclusión social e as súas revolucionarias propostas psicopedagóxicas, marcaron un antes e un despois durante a segunda metade do século XX tanto na España da II República como en Chile.

Se queres aprender máis sobre esta fascinante muller podes ler os seguintes artigos:

-        https://fape.es/matilde-huici-una-periodista-y-feminista-en-el-olvido/

-        http://www.meryvarona.es/matilde-huici/

-    https://www.noticiasdenavarra.com/opinion/tribunas/2015/04/15/recuerdo-matilde-huici-1890-1965/491720.html

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...