MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: ISABEL SOLA GURPEGUI (NAVARRA)

 

Isabel Sola Gurpegui é unha bióloga experta en coronavirus. Naceu na localidade navarra de San Adrián en 1967, nunha familia de agricultores. Isabel sempre foi unha alumna aplicada no colexio, con inquietudes sobre a vida e que necesitaba saber e coñecer o porqué do que nos rodea. Agora, esa nena con ambicións conseguiu converterse en referente nacional, debido á súa enorme sabedoría e traxectoria de máis de 25 anos estudando os coronavirus.

Isabel Sola graduouse en Bioloxía pola Universidade de Navarra, onde obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura. Posteriormente, fixo un Máster en Enxeñería Biomédica e realizou a súa tese doutoral sobre os coronavirus na Universidade Autónoma de Madrid. A súa tese obtivo o Premio de Laboratorios Hipra á mellor tese doutoral en sanidade animal.

Na actualidade é  codirectora do Centro Nacional de Biotecnoloxía, adscrito ao CSIC, único laboratorio de España que investiga cos coronavirus. O seu traballo céntrase en identificar, analizar e descubrir virus e investigar como facerlles fronte, co fin de saber que facer e como reaccionar cando aparece un virus mortal, ou potencialmente perigoso.


Isabel Sola tamén é  coinventora de tres patentes sobre o desenvolvemento de vectores infectivos derivados de coronavirus e as súas aplicacións, unha das cales foi premiada no I Concurso de Patentes Madrid+D.

Ademais, Isabel continúa co seu labor docente como profesora dos cursos de doutoramento no programa de Bioloxía molecular da Universidade Autónoma de Madrid.

Isabel Sola no laboratorio do CSIC.

Isabel é unha das persoas que máis sabe sobre os coronavirus en España. Defensora nata da ciencia básica, insta á sociedade e ás institucións a que se apoie e se financie a ciencia porque a investigación sempre é necesaria. En palabras da propia Isabel,  “a ciencia é coñecemento e un país sen ciencia está empobrecido”.

 

Se queres aprender máis sobre esta fascinante muller podes ver o seguinte vídeo:

-       https://www.youtube.com/watch?v=6xlcdGrd4vY

 

Tamén podes ler os seguintes artigos:

https://www.elmundo.es/yodona/mujeres-influyentes/2022/02/11/620511f4fdddff71268b4603.html

https://www.vanitatis.elconfidencial.com/famosos/2022-02-11/isabel-sola-sonia-zuniga-mujer-ciencia-vacuna-covid_3083879/

https://www.diariodeburgos.es/noticia/Z2707114E-F6DC-D7DA-EAE9AB88AA4E245B/202202/Nuestra-vacuna-tiene-ventajas-sobre-las-que-hay-ahora

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...