MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: JAIONE VALLE TURRILLAS (NAVARRA)

 


Jaione Valle é unha investigadora española especializada na área da biomedicina.

Naceu en Pamplona en 1977 e licenciouse en Bioloxía na Universidade de Navarra en 1999. No 2004 doutorouse na Universidade Pública de Navarra e obtivo unha bolsa Intraeuropean Marie-Curie Fellowship da Unión Europea, que lle permitiu realizar unha estadía postdoutoral no Instituto Pasteur de París. Ao seu regreso de Francia, Jaione traballou como investigadora no Instituto de Agrobiotecnoloxía (IdAB), onde recibiu unha bolsa “Ramón y Cajal”.

Na actualidade traballa no Grupo de Investigación en Patogénesis  Microbiana no Centro de Investigación Biomédica de Navarra,  Navarrabiomed, onde desenvolve a súa investigación sobre a identificación dunhas proteínas xeradas polas bacterias do noso intestino, as proteínas BAP (biofilm  associated  proteins),  e a súa relación con enfermidades  neurodexenerativas.

En palabras da investigadora, o obxectivo do proxecto é “identificar e caracterizar as proteínas amiloides presentes na microbiota intestinal", co obxectivo de "estudar o seu potencial papel no mantemento do equilibrio do sistema  gastrointestinal ou no desencadeamento de patoloxías neurodexenerativas como o alzhéimer ou o párkinson".

Por esta investigación foi galardoada en 2016 co premio L’ Oreal-UNESCO “Mulleres en Ciencia”, un programa que pretende dar visibilidade ao talento, traballo e esforzo das científicas españolas, así como recoñecer os seus éxitos e as súas achegas.

Jaione Valle entre as investigadoras galardonadas na XI edición dos premios L'Oréal-UNESCO "Mulleres en Ciencia".
 

Ademais, no ano 2018, Jaione Valle formou parte do “Top 100 Mulleres Líderes máis influentes en España”, na categoría de mulleres académicas e investigadoras.

Se queres aprender máis sobre esta investigadora, podes ler os seguintes artigos:

http://scienchealth.blogspot.com/2019/03/enrevista-nuestra-investigadora-jaione.html

https://navarra.elespanol.com/articulo/sociedad/grupo-investigadores-navarra-usa-productos-naturales-marinos-luchar-infecciones-hospitalarias/20170224183303098722.html

https://www.redaccionmedica.com/secciones/sanidad-hoy/cinco-caras-sanitarias-entre-las-100-mujeres-mas-influyentes-de-espana-8199

https://www.innovaspain.com/cinco-investigadoras-las-mujeres-mas-influyentes-espana/

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...