MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: LUCÍA BAQUEDANO (NAVARRA)

 

Lucía Baquedano é unha escritora española e articulista en medios de comunicación, coñecida polo seu labor dentro da literatura infantil e xuvenil, campo no que recibiu diversos galardóns. 

Lucía naceu en Pamplona o 18 de decembro de 1938. Estudou secretariado e traballou durante nove anos como secretaria nunha empresa de Pamplona, ata que contraeu matrimonio e trasladouse a Tarragona. Posteriormente regresou  á súa cidade natal, onde naceron os seus catro fillos.

Aínda que o interese pola lectura e a escritura venlle desde nena, nunca pensou na posibilidade de publicar as súas novelas. O seu maior desexo era escribir para nenos e comezou a facelo ao ter fillos. Moitas das súas obras sitúanse nun ambiente rural, xa que lle parece que os pobos préstanse máis á aventura que as cidades. Gústalle tamén incluír humor nos seus libros, especialmente naqueles destinados aos máis novos.

En 1979 presentouse á convocatoria de premios literarios da Fundación Santamaría de Madrid coa novela Cinco panes de cebada, que foi finalista do premio Gran Angular, o que a animou a seguir escribindo. En 1981, esta obra, que aborda a problemática dunha moza mestra á súa chegada a un colexio nos Pireneos, foi publicada por edicións  S.M.




En 1980 obtivo o segundo premio Barco de Vapor de literatura infantil, con La muñeca que tenía 24 pecas e, en 1986, o premio Barco de Vapor co libro Fantasmas de día, unha novela que destaca a amizade como chave para a superación de dificultades.

Ao longo da súa carreira como escritora, Lucía obtivo numerosos galardóns e publicou un total de 21 novelas ata o momento.

Ademais do seu labor como escritora, escribe artigos xornalísticos en medios de comunicación. En Diario de Navarra, Lucía escribe sobre actualidade, cultura e literatura.

Se queres aprender máis sobre esta escritora, podes ler os seguintes artigos:

https://nuestrotiempo.unav.edu/es/grandes-temas/despiece/lucia-baquedano

https://www.diariodenavarra.es/tags/autores/lucia-baquedano.html

https://lupadelcuento.org/index.php/entidades/autor/id/BAQUEDANO%2C+LUC%C3%8DA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASAPALABRA DAS ARTES GALEGAS

Para seguir investigando sobre as mulleres artistas propostas para traballar o 8M, Día Internacional da Muller, e o 1 de abril, Día das Arte...