A científica misteriosa desta
semana era Josefina Castellví Piulachs, oceanógrafa, bióloga e escritora
española nacida en Barcelona o 1 de xullo de 1935. Estudiou no Instituto
Montserrat e, aínda que empezara estudios de medicina, licenciouse en 1957 en
Bioloxía na Universidade de Barcelona. En 1960 especializouse en oceanografía na
universidade internacional de La Sorbona de París, Francia, e obtivo o seu doutoramento
en ciencias biolóxicas pola Universidade de Barcelona en 1969.
Dende 1960
traballou no Instituto de Ciencias del Mar do Consello Superior de
Investigacións Científicas, organismo do que chegou a ser directora en 1994 e
1995, primeiro facendo experimentos no laboratorio xa que naquel momento España
non dispoñía de buques oceanográficos. O primeiro buque chegaría no 1971 polo
que a partir de aí Josefina Castellví puido facer o seu traballo dende o mar.
En 1984 converteuse
na primeira muller de España en participar nunha expedición internacional na
Antártida.
|
Agustí Julià, Joan Rovira, Pepita Castellví y Antoni
Soler, los cuatro científicos españoles pioneros en la Antártida. |
En 1987 interveu na
instalación da Base Antártica Española Juan Carlos I na Illa Livingston da que
tamén foi directora entre os anos 1989 e 1993, o cal permitiu que España
entrara a formar parte por primeira vez como membro do Tratado Antártico
(1988). Nesta base Josefina vivía xunto con outras 11 persoas durante catro
meses ao ano.
En 1995 regresou
a Barcelona onde compaxinou a súa labor científica e investigadora con
conferencias para divulgala e a escritura de libros entre os que destaca o titulado
“Yo he vivido en la Antártida” publicado en 1996.
Entre outros
recoñecementos e premios que se lle concederon destaca a Medalla de Ouro da
Cidade de Barcelona que recibiu en 1994 e a Cruz de San Jorge, unha distinción anual que
outorga a Generalitat de Cataluña, que recibiu no ano 2003.
Actualmente
España conta cunha segunda base na Antártida, a Base Gabriel de Castilla,
fundada en 1989 na Illa Decepción. Dende 1991 conta ademais co Buque
Oceanográfico de Investigación Hespéria, BIO Hespéria, que é o encargado apoiar
ás dúas bases, ademais das súas labores como Buque de Investigación oceanográfica.
Aquí deixamos algúns
enlaces de interese para que sigas investigando sobre Josefina Castellví e as
investigacións na Antártida:
Vídeo sobre Josefina
Castellví publicado na web https://oceanicas.ieo.es
Trailer dp
documental Josefina Castellví, los recuerdos del hielo, no que tamén poderemos
ver a Antoni Ballester, científico do programa de investigación na Antártida co
que traballou Josefina Castellví e que tamén contribuíu á instalación da Base
Juan Carlos I na Antártida.
Coñece a Base
Juan Carlos I
Coñece a Base
Gabriel de Castilla (segunda base española en la Antártida) na Illa Decepción:
Buque de
Investigación Oceanográfica Hespérides: