María Pura Lorenzana Prada naceu en Vilasante (O Saviñao - Lugo) en 1907 e faleceu en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997. Foi mestra, inspectora e profesora de Historia de ensino medio e universitario, historiadora e arqueóloga.
Pertenceu a ese escaso dez por cento de mulleres galegas que no primeiro terzo do século XX cursou estudos universitarios. Logo de facer por libre o bacharelato no Instituto de Lugo, comezou no curso 1924-5 as carreiras de Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Rematou a primeira en 1928, cun expediente de sobresaínte e premio extraordinario, e posteriormente doutorouse na Universidade de Madrid, onde tamén continuou os estudos de Dereito.
Logo de exercer durante o curso 1930-1 como axudante de clases prácticas
na Facultade de Filosofía e Letras, comeza os cursos de doutoramento na
Universidade de Madrid, ao tempo que traballa como profesora de Lingua e
Literatura Española no Instituto Calderón de la Barca da capital madrileña
(1931-6), na que tamén dirixe o colexio relixioso Nuestra Señora de Loreto.
Debeu de ser por estes anos cando pertenceu á Sociedad Anónima de Enseñanza
Libre (SADEL) (1934), institución creada pola Confederación Católica de Padres
de Familia para dar cobertura legal ao ensino das Ordes Relixiosas, que o tiñan
prohibido, e que agrupaba aos colexios relixiosos con profesorado segrar.
Tras a sublevación contra a República, Pura Lorenzana pasa a exercer
como profesora de Lingua e Literatura Española no Instituto de Tui
durante o curso 1936-1937. Os dous cursos seguintes será profesora de
Xeografía e Historia no Instituto de Ourense, cidade onde tamén exercerá
diversos cargos políticos para o Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas
Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos
servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do
Goberno de Franco concédelle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e
servizos.
No curso 1939-40 imparte clases de Xeografía e Historia no
Instituto Rosalía de Castro de Santiago e de Historia de España contemporánea
na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá. O curso seguinte
é trasladada a un instituto madrileño, para volver no 1941-2 a Santiago como
catedrática de Xeografía e Historia, primeiro no Instituto Xelmírez e a partir
de 1942-3 no Instituto feminino Rosalía de Castro, do que será fundadora e
primeira directora, cargo que desempeñará ata 1955. Durante os seus anos de
estancia como profesora de ensino medio na Compostela da posguerra, exercerá
tamén como docente universitaria na Facultade de Filosofía e Letras, nas
materias de Historia Universal Moderna e Contemporánea (1942-1956) e Historia
da Cultura Moderna e Contemporánea (1943-1952), e participará no curso de verán
de 1950 da Universidade compostelá, ditando, xunto co profesor Ángel Rodríguez
González, dez leccións de Historia de España.
OBRAS DE PURA LORENZANA: LORENZANA PRADA, Mª P.; “La
población de Nueva España en el siglo XVI”, Boletín de la
Biblioteca Menéndez y Pelayo), Santander, n.º 1 (xaneiro-marzo), p.
58-73. En col. con Sebastián González García-Paz e Ciriaco Pérez Bustamante.
1928 LORENZANA PRADA, Mª P.; “Mámoas
do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá”, Arquivos
do Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, V, p. 63-91. En
col. con Florentino López Cuevillas e Antón Fraguas. 1930 LORENZANA PRADA, Mª P.; Conferencia
pronunciada en Santiago pol-a Señorita María Pura Lorenzana., Nós.
Boletín mensual da cultura galega, A Coruña, supl. 30 e 31, (maio, xuño).
1931 LORENZANA PRADA, Mª P.; El
viaje de Sebastián Vizcaíno a las costas de California, Madrid,
Universidad, (tese de doutoramento inédita). 1949 |
VÍDEO DE PURA LORENZANA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario