Outra das actividades que está levando a cabo o noso alumnado para conmemorar o Día Internacional da Muller é unha mural cheo de cor.
8 M: DÍA DA MULLER
Hoxe conmemoramos o Día da Muller con moitas novidades.
Unindo o noso proxecto co da biblioteca, O Camiño de Santiago, creamos os nosos albergues dedicados a mulleres relevantes ás que poderíamos coñecer facendo o camiño. Percorremos os nosos corredores facendo parada nos albergues para descubrir a estas mulleres e ás súas achegas en diferentes ámbitos: educativo, social, científico, literario,...
Pouco a pouco iremos dando a coñecer a cada unha das mulleres e ás investigacións realizadas polo alumnado sobre a súa vida e obra.
A partir de hoxe tamén teremos operativaa nosa caixa do correo da igualdade. Un espazo no que o alumnado poderá compartir as súas inquedanzas relacionadas con temas de igualdade, tanto a modo de denuncia como para iniciar a reflexión e debate.
Tamén está preparada para viaxar a nosa biblioteca móbil con diferentes recursos sobre igualdade: libros, xogos, ... e que irá medrando aínda máis día a día.
E como non podía ser doutro xeito, as/os nosos/as pequenos/as artistas encheron o día de cor e alegría.
11 F: PARTICIPANTES NA TERCEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA, ÁNGELES ALVARIÑO
Xa temos a lista de investigadores que descubriron á científica misteriosa da terceira semana, Ángeles Alvariño.
Parabéns aos participantes!
11 F: ÁNGELES ALVARIÑO, A TERCEIRA CIENTÍFICA MISTERIOSA
Xusto na semana do décimo aniversario da
botadura dun dos buques oceanográficos máis avanzados da flota española, que
tivo lugar o 24 de febreiro de 2012, investigamos
sobre a oceanógrafa pioneira que lle da nome, Ángeles Alvariño.
| Buque oceanográfico Ángeles Alvariño |
María Ángeles Alvariño González naceu o 3 de
outubro de 1916 en Serantes (Ferrol). Con só tres anos lía e estudiaba música. En
1933 rematou o Bachillerato Universitario en Ciencias e Letras e marchou a
Madrid para estudiar Ciencias Naturais pero por mor da Guerra Civil pecharon as
aulas e Ángeles regresou a Ferrol e aproveitou ese tempo para aprender francés
e inglés.
En 1953 gañou unha bolsa de estudios para
seguir estudiando estes pequenos organismos no Reino Unido, onde se converteu
na primeira muller científica en traballar a bordo dun barco británico de
investigación, o Sarsia. Tres anos máis tarde recibiu outra bolsa para
continuar coas súas investigacións en Estados Unidos baixo a tutela doutra
pioneira, Mary Sears, que foi quen, impresionada coa súa obra, a recomendou
para ocupar un posto no Instituto Scripps de Oceanografía, en California, onde
permaneceu ata 1970 analizando miles de mostras de plancton de todo o mundo.
Ángeles describiu 22 novas especies de
plancton.
Ademais de pioneira oceanógrafa foi unha
loitadora pola igualdade de xénero e en 1977 demandou ao goberno de Jimmy
Carter, que prometera políticas a prol da igualdade, por considerar que non se
lle facilitaba un ascenso polo feito de ser muller.
En 2011, cumprindo o seu desexo de que o seu
legado científico volvese a España, Ángeles Alvariño reuniuse cos responsables
da Concellería de Cultura do Concello da Coruña para doar a súa biblioteca
científica, formada por un millar de libros, ademais de mapas, debuxos e a
correspondencia que mantivo con científicos de todo o mundo.
En 2015, converteuse na primeira investigadora muller homenaxeada o 1 de xuño, data na que se celebra o Día da Ciencia en Galicia.
En 2018 foi incluída na Táboa Periódica das Científicas na que estamos a traballar.
O Paseo da Ciencia do parque de Santa Margarita conta
cun monolito na súa honra
Se queres aprender máis sobre esta pioneira podes ver os seguintes vídeos:
Tamén podes ler os seguintes artigos:
11 F: PARTICIPANTES NA SEGUNDA CIENTÍFICA, ANTONIA FERRÍN MOREIRAS
Xa temos a lista de investigadores que descubriron á científica misteriosa da segunda semana, Antonia Ferrín Moreiras.
Atopade a vosa estrela.
Parabéns aos participantes!
ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA
Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do bar...
-
O alumnado de segundo de Educación Primaria tivo a oportunidade de participar na actividade “Contacontos pola Igualdade” organizada pola S...
-
A científica misteriosa desta semana era Josefina Castellví Piulachs, oceanógrafa, bióloga e escritora española nacida en Barcelona o 1 de x...
-
As pistas para descubrir á terceira científica misteriosa son:



