A asociación "O Camiño dos Faros" publicou este vídeo no que se presenta o Camiño dos Faros.
VÍDEO PRESENTACIÓN DO CAMIÑO DOS FAROS
O CAMIÑO DOS FAROS NO MARIA PITA
Este curso imos facer o Camiño dos Faros no María Pita.
Todo o alumnado, desde Infantil ata 6º de Primaria, fará as 8 etapas do Camiño polo recorrido marcado polo cole.
Arrancamos en outubro e remataremos en xuño.
Adiante traskis!!
TEMOS PEGADAS E SINAIS POLO COLE......
Esta semana apareceron polos patios do cole unhas pegadas e sinais verdes...
Un novo camiño vai comezar.
Preparadas e preparados?
O NOSO MURAL POLA IGUALDADE
Para conmemorar a traxectoria do noso centro no desenvolvemento do traballo en materia de
igualdade co fin de que sexa o elemento representativo aos anos de traballo da nosa comunidade
educativa e tamén aos recoñecementos recibidos a nivel autonómico e estatal. O mural representa a
Marie Curie como unha nena de catro anos cunhas probetas na man.
MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: EXPOSICIÓN
Para finalizar o noso proxecto creamos una exposición cos traballos realizados sobre as mulleres relevantes que poderíamos coñecer nas diferentes etapas do Camiño de Santiago. Para a exposición utilizamos caixas de cartón expoñendo a información en cada unha das caras da caixa. O alumnado pode facer un percorrido polo museo coñecendo máis datos e información sobre estas mulleres.
Rematamos o Camiño
Rematamos o Proxecto da Milla Diaria.
O alumnado completou as 8 etapas do Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro.
Nas seguintes imaxes están os datos de todas aulas ao longo deste curso.
MULLERES QUE ABREN CAMIÑO: ANA PELETEIRO (A CORUÑA)
compite en atletismo, especialista na proba de triple salto. Participou nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, obtendo unha medalla de bronce no triple salto.
Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 2018, unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Atletismo de 2018 e dúas medallas no Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta, ouro en 2019 e prata en
2021. Adestra baixo a dirección do campión olímpico Iván Pedroso, xunto coa saltadora venezolana Yulimar Vermellas.
En 2013 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias como mellor deportista do ano
menor de 18 anos.
https://www.youtube.com/watch?v=06P8NBKSf-U&ab_channel=RTVENoticias
https://www.youtube.com/watch?v=MOoNseaVcbY&ab_channel=DiarioAS
Naceu na localidade galega de Ribeira. Desde moi pequena interesouse polo deporte, primeiro pola ximnasia, para decantarse finalmente polo atletismo.
En categoría xuvenil proclamouse campioa do Mundial Júnior de 2012, e gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo Sub-20 de 2013.
En 2018 conseguiu os seus primeiros éxitos internacionais en categoría absoluta: medallista de bronce no Campionato Mundial en Pista Cuberta cun salto de 14,40 m, e medallista de bronce no Campionato Europeo cunha marca de 14,44 m. Ao ano seguinte gañou a medalla de ouro no Campionato Europeo en Pista Cuberta, cun salto de 14,73 m, novo récord de España.
https://as.com/masdeporte/2019/03/03/videos/1551611545_463387.html
Na súa primeira participación olímpica, en Tokio 2020, obtivo a medalla de bronce ao saltar 14,87 m na final (récord de España), sendo superada pola venezolana Yulimar Vermellas e a portuguesa Patrícia Mamona.Isto levouna a ser nomeada mellor atleta española de 2021 pola RFEA.
https://twitter.com/eurosport_es/status/1421812485577904137
ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA
Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do bar...
-
O alumnado de segundo de Educación Primaria tivo a oportunidade de participar na actividade “Contacontos pola Igualdade” organizada pola S...
-
A científica misteriosa desta semana era Josefina Castellví Piulachs, oceanógrafa, bióloga e escritora española nacida en Barcelona o 1 de x...
-
O semana pasada o noso alumnado de quinto tivo a oportunidade de participar no programa “Máis rápidas, máis altas, máis fortes” posto en m...


.jpg)


