CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

 

Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XVIII edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.

Nesta edición os fondos recaudados serán destinados para a loita pola supervivencia infantil no Corno de África.

A data na que celebraremos a carreira no cole será o mércores 30 de marzo. Este ano participará o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.



   No seguinte vídeo presentamos a Carreira Solidaria:



11 F: CIENTÍFICA MISTERIOSA DA QUINTA SEMANA

 





14 M: DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS.




O pasado luns 14 de marzo conmemorouse o Día Internacional das Matemáticas, proclamado pola UNESCO no ano 2019. Nesta celebración proponse cada ano un tema novo para animar á participación, espertar a creatividade e salientar as relacións entre as matemáticas e todo tipo de campos, conceptos e ideas. Neste 2022 o tema é As matemáticas que unen que foi proposto pola estudante canadense Yulija Nesterova, sinalando que é unha linguaxe común que todos temos. Neste contexto non podíamos deixar pasar a oportunidade de dedicar a nosa actividade da Científica Misteriosa desta semana a unha matemática. 
Atréveste a pescudar? Permanece atento ás pistas.

11 F: PARTICIPANTES NA CUARTA CIENTÍFICA MISTERIOSA, JANE GOODALL

 Xa temos a lista de investigadores que descubriron á científica misteriosa da cuarta semana, Jane Goodall. 

Parabéns aos participantes!



11 F: JANE GOODALL, A CUARTA CIENTÍFICA MISTERIOSA


 Jane Goodall é unha etóloga inglesa e Mensajera de la Paz de la Organización de las Naciones Unidas. É unha pioneira no estudo dos chimpancés salvaxes e coñecida polo seu estudo de sesenta anos sobre as interaccións sociais e familiares dos chimpancés salvaxes no parque nacional Gombe Stream en Tanzania.

É a fundadora do Insituto Jane Goodall e fixo un gran traballo en materia de benestar animal.

Pertence ao comité do Proxecto dos Dereitos Humanos dende a súa fundación en 1996. 


Jane Goodall naceu o 3 de abril de 1934 en Londres. Pasou a súa infancia e xuventude en Bournemouth, no sur de Inglaterra, rodeada de animais e soñando con escribir sobre os animais en África. Aos 23 anos viaxou a Kenia, onde traballou co antropólogo Louis Leakey ata que en 1960 foi enviada a Gombe, Tanzania, coa misión de investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes. Coa compañía da súa nai e dun cociñeiro montou a súa tenda de campaña na selva e comezou un proxecto de investigación que en principio ía durar 6 meses e aínda continúa aproximadamente 60 anos despois.

Nas súas investigacións Jane observou que os chimpancés tiñan personalidades únicas, que eran capaces de ter emocións, condutas como abrazos, bicos, cóxegas... algo contrario ao que se pensaba naquela época. Pero tamén observou condutas agresivas con outros animais.

Jane Goodall diferenciouse doutros científicos poñendo nome aos animais dos seus estudos en vez de asignarlles un número. Con isto conseguiu ademais ter unha maior conexión cos chimpancés e convertirse no único ser humano aceptado por unha sociedade de chimpancés ata o momento.

Se queredes investigar máis sobre Jane seguide o seguinte enlace á paxina web do Instituto Jane Goodall onde atoparedes vídeos, fotografías, enlaces de interese. Tamén poderedes descubrir Gombe con imaxes a 360º seguindo os enlaces a Google Street View.  

5ª Etapa do Camiño: Palas de Rei - Melide

No mes de marzo estamos facendo a 5º etapa do Camiño entre Palas de Rei e Melide, uns 15 km aproximadamente.

Como novidade, o alumnado de 4º a 6º de Primaria, están intentando facer algunhas das voltas do noso Camiño correndo!!

 Bo Camiño!!


 


OS ALBERGUES DAS MULLERES QUE ABREN CAMIÑO

 Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, renomeamos as nosas aulas como albergues co nomes de mulleres relevantes en diferentes ámbitos e ás que poderíamos coñecer nas diferentes etapas do Camiño de Santiago. 

            


Neste vídeo podedes ver os nosos albergues:


ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA

 Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do bar...