11 F: WANGARI MAATHAI

 
A nosa terceira científica misteriosa era Wangari Muta Maathai, coñecida como a Muller árbore, bióloga, política e ecoloxista kenyana nacida o 1 de abril de 1940 en Nyeri en que faleceu o 25 de setembro de 2011 en Nairobi.

Traballou para unir a ecoloxía e o desenvolvemento sostible coa democracia. Ademais da súa labor de conservación, Maathai promoveu o empoderamento da muller e foi unha defensora dos dereitos humanos das mulleres.
Cando Wangari naceu as mulleres da etnia kikuyo dedicábanse ao traballo no campo dende pequenas pero ela destacou nos seus estudos e obtivo unha bolsa para estudar en Estados Unidos. Alí licenciouse en Bioloxía. Tamén estudiou nas universidades de Giessen e Munich en Alemaña. En 1970 regresa a Kenya e alí obten o doutoramento en Anatomía Veterinaria na Universidade de Nairobi, converténdose la primeira muller en conseguir dito título en África. En 1975 é xefa do departamento de Anatomía Veterinaria e profesora asociada na Universidade de Nairobi.


En 1977, preocupada pola deforestación de Kenya, crea o Green Belt Movement (Movemento Cinturón Verde) baseándose na súa idea de que o ecoloxismo era unha opción axeitada para lograr un desenvolvemento sustentable. En 1986 fundou a Red Panafricana del Cinturón Verde co obxectivo de educar a líderes de diferentes países en materia de conservación e mellora do medio ambiente e poder replicar a súa iniciativa en países como Tanzania, Etiopía e Zimbabwe.

 


O seu proxecto contou especialmente co voluntariado das mulleres que chegaron a plantar 47 millóns de árbores polo que o movemento non só defendía a biodiversidade senón tamén a conservación dos solos, a igualdade de xénero e os dereitos das poboacións rurais contra as actividades mineiras e industriais.

Wangari Maathai enfrontándose á seguridade Karura-Forest

En 2002 foi elixida membro do Parlamento de Kenya no que exerceu como axudante do ministro de Medio Ambiente e Recursos Naturais durante o goberno do presidente Mwai Kibaki entre xaneiro de 2003 e novembro de 2006.
 

O 4 de outubro de 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz “pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz” converténdose na primeira muller africana en obter dito premio. 


Se queres saber máis sobre esta gran muller podes consultar os seguintes libros: 

 

 

E tamén ver os seguintes videos: 






11 F: JOSEFINA CASTELLVÍ



A científica misteriosa desta semana era Josefina Castellví Piulachs, oceanógrafa, bióloga e escritora española nacida en Barcelona o 1 de xullo de 1935. Estudiou no Instituto Montserrat e, aínda que empezara estudios de medicina, licenciouse en 1957 en Bioloxía na Universidade de Barcelona. En 1960 especializouse en oceanografía na universidade internacional de La Sorbona de París, Francia, e obtivo o seu doutoramento en ciencias biolóxicas pola Universidade de Barcelona en 1969.


Dende 1960 traballou no Instituto de Ciencias del Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas, organismo do que chegou a ser directora en 1994 e 1995, primeiro facendo experimentos no laboratorio xa que naquel momento España non dispoñía de buques oceanográficos. O primeiro buque chegaría no 1971 polo que a partir de aí Josefina Castellví puido facer o seu traballo dende o mar.

En 1984 converteuse na primeira muller de España en participar nunha expedición internacional na Antártida.

Agustí Julià, Joan Rovira, Pepita Castellví y Antoni Soler, los cuatro científicos españoles pioneros en la Antártida.

En 1987 interveu na instalación da Base Antártica Española Juan Carlos I na Illa Livingston da que tamén foi directora entre os anos 1989 e 1993, o cal permitiu que España entrara a formar parte por primeira vez como membro do Tratado Antártico (1988). Nesta base Josefina vivía xunto con outras 11 persoas durante catro meses ao ano.


En 1995 regresou a Barcelona onde compaxinou a súa labor científica e investigadora con conferencias para divulgala e a escritura de libros entre os que destaca o titulado “Yo he vivido en la Antártida” publicado en 1996.

Entre outros recoñecementos e premios que se lle concederon destaca a Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona que recibiu en 1994 e  a Cruz de San Jorge, unha distinción anual que outorga a Generalitat de Cataluña, que recibiu no ano 2003.


Actualmente España conta cunha segunda base na Antártida, a Base Gabriel de Castilla, fundada en 1989 na Illa Decepción. Dende 1991 conta ademais co Buque Oceanográfico de Investigación Hespéria, BIO Hespéria, que é o encargado apoiar ás dúas bases, ademais das súas labores como Buque de Investigación oceanográfica.

 Aquí deixamos algúns enlaces de interese para que sigas investigando sobre Josefina Castellví e as investigacións na Antártida:

Vídeo sobre Josefina Castellví publicado na web https://oceanicas.ieo.es

 

Trailer dp documental Josefina Castellví, los recuerdos del hielo, no que tamén poderemos ver a Antoni Ballester, científico do programa de investigación na Antártida co que traballou Josefina Castellví e que tamén contribuíu á instalación da Base Juan Carlos I na Antártida.


Coñece a Base Juan Carlos I


Coñece a Base Gabriel de Castilla (segunda base española en la Antártida) na Illa Decepción:


Buque de Investigación Oceanográfica Hespérides:




11F: CIENTÍFICA MISTERIOSA DA TERCEIRA SEMANA

 Empezamos semana descubrindo as pistas que nos levarán a coñecer máis sobre unha nova científica. 

E nesta semana que conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia non hai nada mellor que unha científica que teña gañado un Premio Nobel da Paz. 





11 F: CIENTÍFICA MISTERIOSA DA SEGUNDA SEMANA

 Iniciamos unha nova semana con novas pistas sobre unha científica. 








11F: DIAN FOSSEY

 A científica misteriosa da primeira semana era DIAN FOSSEY. 

Esta zoóloga estadounidense naceu o 16 de xaneiro de 1932 en San Francisco (Estados Unidos) e foi recoñecida pola súa labor científica e conservacionista dos gorilas das montañas Virunga, en Ruanda e a República Democrática do Congo.

Dian Fossey, Jane Goodall e Biruté Galdikas son consideradas as primeiras primatólogas do mundo: Dian Fossey investigando aos gorilas, Jane Goodall aos chimpancés e Biruté Galdikas aos orangutáns.

Estudiou Terapia Ocupacional e traballou varios anos nun hospital de Kentucky. En 1963 decide marchar a África para observar e estudiar ao gorilas das montañas no seu hábitat natural dándolle gran importancia e este estudio para despois poder comprender mellor a evolución humana.

​Grazas á súa paciencia conseguiu comprender  e imitar o comportamento dos gorilas, foi aceptada en varios grupos, recoñeceu as características de cada un chegando a ter con eles unha relación de confianza e afecto.

En 1967 fundou o Centro de Investigación de Karisoke, o seu lugar de estudio. En 1974 recibiu o grado de doutora en Zooloxía pola Universidade de Cambridge.

En 1983 publicou o libro Gorilas en la niebla, onde expón as súas observación e a súa relación cos gorilas en todos os seus anos de investigación.

Foi asasinada en 1985 e sospeitase que por cazadores furtivos xa que ela se opuxo á este tipo de caza. 

Se queredes saber un pouquiño máis podes buscar na biblioteca do centro libros sobre esta científica:


 Tamén podes seguir o seguinte enlace:


11F: CIENTÍFICA MISTERIOSA DA PRIMEIRA SEMANA

 Xa temos as catro pistas sobre a científica misteriosa desta semana:









11 F: A CIENTÍFICA MISTERIOSA

Un curso mais damos comezo a actividade de A CIENTÍFICA MISTERIOSA a partir da Táboa Periódica das Científicas creada por Teresa Valdés-Solís Iglesias, da que xa falamos nunha entrada anterior.



Cada semana propoñeremos 4 pistas sobre unha destas científicas para que o alumnado investigue e descubra quen é a científica misteriosa. Ao final da semana publicaremos a identidade da científica e compartirase no blog información sobre a mesma así como enlaces de interese para que o alumnado poida seguir investigando. 


Con esta actividade conmemoramos o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con dous obxectivos primordiais. Por un lado dar visibilidade ao traballo destas científicas que en ocasións se viron apartadas ou relegadas polo simple feito de ser mulleres e que aínda a día de hoxe seguen sen ocupar o posto que lles corresponde. Por exemplo, a aparición de mulleres científicas nos libros de texto é mínima fronte a aparición de científicos homes. 

Por outro lado ofrecer referentes que co seu traballo, achados ou aportacións fomenten a vocación científica das nosas nenas, esas ás que aínda a día de hoxe se lles fai crer que a ciencia é cousa de homes o que se traduce na baixa presenza de mulleres nas carreiras universitarias do ámbito STEAM. 

ROSALÍA MERA: FUNDACIÓN PAIDEIA

 Rosalía Mera Goyenechea nace na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e falece o 15 de agosto de 2013. Rosalía, filla dunha familia humilde do bar...