Título: Mujeres en el
Arte. 50 intrépidas creadoras que inspiraron al mundo.
Escritora e
ilustradora: Rachel Ignotofsky.
Editorial: Nórdica
Libros, Capitán Swing.
Neste libro a autora,
a ilustradora norteamericana Rachel Ignotosfsky, ofrece unha selección de 50 creadoras
de diferentes ámbitos e non só pintoras. Así, por exemplo, introduce a
ilustradoras como Beatrix Potter, arquitectas como Zaha Hadid, compositoras
como Wendy Carlos, diseñadoras gráficas como Paula Scher, deseñadoras como
Belle Kogan, artistas textiles como Harriet Powers, ceramistas como Nampeyo ou
fotógrafas e cineastas.
Entre a selección de
pintoras destacan Tarsilia do Amaral, Rosa Bonheur, Frida Kahlo, Georgia O’Keefe
ou Tamara de Lempicka.
Obviamente, nesta
selección inflúe o feito de que o libro estea realizado dende Estados Unidos
polo que, entre outros aspectos, recolle un maior número de artistas
estadounidenses e latinoamericanas. E, polo tanto nel botaremos en falta
artistas como Maruja Mallo, Luisa Roldán, Carmen Laffon, Rosario Weiss,...
Se embargo esta
perspectiva norteamericana tamén nos aporta o punto de vista das mulleres pertencentes
a determinadas comunidades que tiveron
que enfrontarse a unha dobre marxinación: ser muller e pertencer a comunidades
como as indíxenas, afroamericana, etc. Así recolle a artistas como Nampeyo,
nativa americana que recuperou a cerámica tradicional dos indios hopi, ou as
afroamericas Harriet Powers ou Augusta Savage, que gañou unha bolsa para estudar
arte en París en 1923 e que lle foi denegada cando viron a cor da súa pel.
Neste libro cada
artista se representa a dobre páxina. Á dereita un texto compila unha breve
biografía vital e artística da creadora. Á esquerda Rachel Ignotofsky debuxa á
artista rodeada das súas principais creacións. Tamén hai un marco no que se
apuntan algúns dos feitos principais da vida das artistas, xunto con mencións
de súas obras máis emblemáticas.
Inclúe tamén Inclúe datos
estatísticos importantes e unha liña do tempo.
A autora, Rachel Ignotofsky,
tamén é a creadora doutros dos libros: Mujeres de ciencia e Mujeres en el
deporte.
Fonte: Editorial Nórdica.